NOVIDADES
O 30 de abril, mércores, terá lugar a 8ª edición do concurso de narración oral Tíralle da Lingua. Será no Auditorio de Galicia, en Santiago.
Nos primeiros días do mes de maio, calquera particular ou entidade que o desexe poderá promover campionatos de Trivial a través da rede contando co soporte informático que lle ofrece a AS-PG.
A oitava edición das carreiras pola lingua presentouse en Santiago baixo a lenda "En galego cabe todo". O obxectivo pasa por salientar que o galego pode estar presente en toda a nosa vida diaria e en todas as nosas actividades.
Imaxe da novidade
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Segundo Concurso de Podcasts co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC, todo explorando o podcast como novo recurso artístico e pedagóxico. Pretendemos así mesmo que calquera persoa incorpore de maneira sinxela en Internet poemas, contos, lendas ou comentarios realizados coa súa propia voz, recuperando a tradición oral como modo de transmitir cultura.
Imaxe da novidade
A AS-PG abre un portal de bitáculas. O obxectivo é poder manter na rede informacións e actividades de carácter complementario ás que aparecen no portal principal.
Adiado para o sábado 12 de abril o acto de entrega do galardón os Bos e Xenerosos á AS-PG. Con esta quinta edición, que se celebrará o vindeiro sábado 12 de abril, preténdese poñer de relevo a traxectoria dun movemento de renovación pedagóxica pioneiro con máis de trinta anos de actividade ininterrompida: formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudos sociais, implicación decisiva no proceso de normalización lingüística, etc.
Imaxe da novidade
PáxinasRetroceder páxina1...192021...27Avanzar páxina
Para máis información sobre esta Web contacte con  xestor@as-pg.com
Este software foi deseñado e implementado por ENXENIO S.L. (contacto@enxenio.es)