Concurso Podcast AS-PG
Bases do concurso
1. DO CONCURSO
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Primeiro Concurso de Podcasts Lingüísticoartísticos co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC, todo explorando o podcast como novo recurso artístico e pedagóxico. Pretendemos así mesmo que calquera persoa incorpore de maneira sinxela en Internet poemas, contos, lendas ou comentarios realizados coa súa propia voz, recuperando a tradición oral como modo de transmitir cultura.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todos os estudantes matriculados en calquera centro de ensino non universitario de Galicia.
A participación realizarase mediante a gravación de arquivos de audio ou vídeo e enviaranse a través da sección"sube o teu podcast"da webhttp://www.as-pg.com/Podcast.É preciso encher todos os campos do formulario e explicar brevemente o contido do arquivo.
Os arquivos de audio deben gardarse coa extensión mp3 e os de vídeo coa extensión mp4 (en formato de codificación MPEG-4) ou mov.
3. TEMA
O tema deste I Concurso basearase na Historia da Lingua Galega e aceptaranse as técnicas de recitado, cantado, deformación fónica, etc...
Admítense tres categorías:
Conto:
A historia debe estar relacionada con algún aspecto ou vivencia relacionada coa lingua galega en calquera época da súa historia, podendo ser de creación propia ou variantes de algunha lenda, conto, etc
Poema:
Para participar nesta categoría deberase elaborar unha poesía orixinal ou adaptar unha que non estea suxeita a dereitos de autor.
Libre:
Aquí caben entrevistas así como calquera evento ou situación relacionado co tema e non incluído nos dous anteriores.
- A lingua que se empregará para facer o podcast será o galego.
- A duración do podcast poderá oscilar entre os 3 e os 5 minutos.
- Os podcasts serán obrigatoriamente orixinais, inéditos e, en ningún caso, estarán comprometidos con dereitos de autor.
4. PRAZO
Os podcasts poderanse facer chegar a partir do 30 de outubro de 2007 e até as 24 h do 15 de decembro de 2007. Os gañadores daranse a coñecer o 30 de xaneiro de 2008.
5. XURADO
O xurado estará composto por:
Un profesional da radio de recoñecida traxectoria
Dous profesionais da docencia expertos nas TIC
Un técnico en imaxe e son
Un representante da AS-PG que actuará como secretario.
As decisións do xurado son inapelables, incluso se decide deixar deserta algunha categoría.
6. PREMIO
A Comunicación aos gañadores farase por correo electrónico e por teléfono. Así mesmo serán publicados os nomes na web da AS-PG
Premios: Haberá tres premios para cada categoría:
1º Premio: Un reprodutor iPod de 80 GB
2º Premio: Un reproductor iPod de 30 GB
3º Premio: Un ipod shufle.
Os premios non serán substituíbles por diñeiro
A participación neste concurso supón a aceptación das bases e, no caso de dúbidas na interpretación das mesmas prevalecerá o criterio da organización
©2007 AS-PG
AS-PG
Coa colaboración de:
Secretaría Xeral de Política Lingüística