Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación
24, 25, 26 e 27 de novembro
No ano no que se celebra o centenario do nacemento de Carvalho Calero queremos achegarnos a súa vida e obra tanto dende a súa faceta literaria como da propia historia, cunha orientación didáctica que permita elaborar materiais de aula a partir dos relatorios e as actividades posteriores.
Imaxe da actividade

As Xornadas Ricardo Carvalho Calero terán lugar os días 24, 25, 26 e 27 de novembro de 2010 na Sala de xuntas da Reitoría (Maestranza).

 

Programa

Mércores 24 de novembro

17:00 - 17:30.- Recepción e entrega de material.

17:30 - 17:40.- Inauguración.

17:40 - 20:30.- Mesa redonda Ricardo Carvalho Calero na memoria.

Proxección Carvalho Calero: a posibilidade de rectificar a história, Francisco Salinas Portugal 1988

Presenta, introduce e modera:

          - Carme Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e profesora do departamento de Galego-Portugue´s, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

Participan:

          - Carmen Blanco, escritora e profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.

          - Araceli Herrero, escritora e profesora na Universidade de Santiago de Compostela.

          - Aurora Marco, escritora e profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

          - Francisco Pillado, escritor, actor e profesor.

          - Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior.

21:00.- Espectáculo no Teatro Rosalía de Castro: "Isto é o que nos foi dado". Homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero.

1ª Parte: Recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo.

2ª Parte: Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.

 

Xoves 25 de novembro

18:00 - 20:00.- Mesa redonda Pensamento, intervención e ciencia.

Presenta, introduce e modera:

          - Mª do Pilar García Negro, escritora e profesora titular do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Ensaio lingüístico e literario.

Participan:

          - Francisco Rodríguez, Licenciado e Doutor en Filoloxía Románica e Catedrático de Literatura Española.  O compromiso co nacionalismo.

          - José Luís Rodríguez, profesor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. O labor universitario.

20:10 - 21:40.- Presentación do libro Cautiverio de Fingoi. Os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero e proxección do vídeo inédito de R. Raimunde Noreña.

 

Venres 26 de novembro

17:00 - 21:00.- A creación literaria.

          17:00 - 18:15.- A poesía de Ricardo Carvalho Calero.

          - Conferencista: Francisco Salinas, profesor titular da Universidade da Coruña.

          - Argüente: César Morán, profesor asociado da Universidade da Coruña e catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán.

          18:15 - 19:45.- A narrativa de Ricardo Carvalho Calero.

          - Conferencista: Claudio Rodríguez Fer, Licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor na Universidade de Santiago e ocasioanlmente en Nova Yorq e na Bretaña.

          - Argüente: Henrique Rabuñal Corgo, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, escritor e profesor.

          19:45 - 21:00.- O teatro de Ricardo Carvalho Calero.

          - Conferencista: Laura Tato, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular das Facultades de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña.

          - Argüente: Carlos C. Vizcaíno, profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

 

Sábado 27 de novembro

10:00 - 13:00.- Mesa redonda O pensamento lingüístico de Ricardo Carvalho Calero.

Presenta, introduce e modera:

          - Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

Participan:

          - Rosario Álvarez Blanco, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. A gramática galega no século XX. O contributo de Carvalho Calero.

          - Martinho Montero Santalha, profesor catedrático da Universidade de Santiago de Vigo. Etapas do pensamento lingüístico de Carvalho Calero.

          - Goretti Sanmartín, profesora titular de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña. A sociolingüística galega antes e despois de 1936. O contributo de Carvalho Calero.

          - Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Carvalho Calero, planificador da lingua galega.

13:00 - 14:00.- Visita guiada á exposición sobre Carvalho Calero instalada na Casa Casares Quiroga da Coruña.

14:00.- Clausura.

 

Solicitada a homologación por 15 horas lectivas.

A matrícula realizarase a través da web www.as-pg.com no apartado de formación. O prezo da matrícula é:

Socios/as da AS-PG. 11 euros.

Parados: 21 euros.

Normal: 41 euros.

Estudantes universitarios: gratuíta.

Os/as estudantes universitarios, á hora de rexistrarse para facer a matrícula, deben indicar, onde pide o número de rexistro persoal, que son universitarios/as.

O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación. Os estudantes non se contabilizan nesta porcentaxe.

[Imprimir]