XVIII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL
17 de outubro de 2017
SÁBADO 18 DE NOVEMBRO 2017 IES As Fontiñas, R/ Estocolmo 5. Santiago de Compostela
Imaxe da novidade

PROGRAMA

09:45h – 10:00 Recepción e entrega de material

De 10:00 a 12:00: Da historia ao enigma. Antonio Manuel Fraga, escritor e Antía Marante, profesora.
O obxectivo deste obradoiro é achegar o profesorado á dinámica dos “crebacabezas mentais”, baseada na creación de enigmas a partir de historias (reais ou non). Esta ferramenta procura potenciar a expresión oral e o traballo en equipo, así como a posibilidade de tratar distintos temas dun xeito lúdico.

De 12:00 a 14:00h: A inscrición da oralidade nun texto. Afonso Becerra, profesor da ESAD.
Proposta de xogos de escrita nos que se traballará a direccionalidade da voz, o monólogo, o soliloquio e as principais formas do diálogo no desenvolvemento dunha historia, ou incluso en textos nos que a historia se agoche.

De 16:00 a 17:30. O Patrimonio Inmaterial como cerne da nosa cultura: Tipoloxía, estudo e posta en valor,  Rafael Quintía, antropólogo.

Que é o patrimonio inmaterial?, cal é o seu valor?,  o traballo de campo e a recuperación, breve introdución ao imaxinario colectivo galego (mitoloxía, festas, crenzas e ritos)

De 17:30 a 18:30 : Falar por falar, Belén Regueira, xornalista
Que o discurso oral sexa decote improvisado non significa que detrás del non haxa preparación ningunha.
Un gran poder, como tomar a palabra en público, implica unha gran responsabilidade. Antes de botarmos a lingua a facer, falaremos do que dicimos e de como escollemos dicilo.

De 18:30 a 20:00: Contar para medrar,  Vero Rilo, contadora e ensinante.

Achegamento á narración oral para perder medos, compartir recursos, reflexionar sobre a práctica educativa, xogar e contar. En definitiva contar para medrar.

Ás 20:00 Clausura


Solicitada a homologación por 8 h lectivas.

 
[Imprimir]