XIV XORNADAS DA MULLER
17 de febreiro de 2017
As XIV XORNADAS DA MULLER terán lugar o vindeiro sábado 11 de marzo de 2017 no IES As Fontiñas (Rúa Estocolmo, 5. Santiago)
Imaxe da novidade

XIV XORNADAS DA MULLER 

Data: Sábado 11 de marzo de 2017
Lugar: IES As Fontiñas (Rúa Estocolmo, 5. Santiago)

 
PROGRAMA
 
9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material

10:00-11:00 h. A defensa colectiva da coeducación como proxecto social na desxenerización das culturas. Ana Iglesias Galdo, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, docente da materia "Xénero Igualdade e Educación"
 
11:00-12:15 h. Libres? Equilibradxs? Equilibristas...? A coeducación das emocións.  Aixa Permuy Martínez, educadora e pedagoga, especialista en educación das emocións.
 
12:15-14:00 h. Combater relacións tóxicas: previr a violencia de xénero na  adolescencia. Carmen Ruíz Repullo, Doutora en Socioloxía, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades pola Universidade de Granada. 
 
16:00-17:30 h. A LGBTIfobia é un tipo de violencia machista: como previla nos centros. Kika Fumero, Profesora de Secundaria, acreditada como Coordinadora de Igualdade pola Consejería de Educación de Canarias. 
 
17:30-19:00 h. O Plan de Igualdade no centro educativo, instrumento básico para coeducar. Marián Moreno Llaneza, asesora e formadora en temas de coeducación, profesora de secundaria.
 
19:00 – 20:00 h. Presentación do libro Escuelas libres de violencias machistas, de Marián Moreno Llaneza, Kika Fumero e Carmen Ruíz Repullo, fundadoras da Asociación Observatorio Coeducativo-Lgbti.
 
Ás 20:00 h Clausura
 
Solicitada a homologación por 8 horas lectivas. 
Matrícula gratuíta
A inscrición  realizarase a través da web da as-pg (ligazón)
 
[Imprimir]