ACHEGANDO COMPLICIADADES PARA A COEDUCACIÓN
6 de novembro de 2017
25 de novembro. Pazo da Cultura de Pontevedra.

A  posta en funcionamento do Consello da Muller Nova é unha iniciativa da Concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, coa finalidade de implicar ao profesorado e especialmente ao alumnado de xeito activo nun plan conxunto de coeducación, en colaboración con outras entidades.
Esta xornada de formación vai dirixida ao profesorado que ten un papel decisivo na dinamización e efectividade desta rede coeducativa  intercentros.
PROGRAMA
9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material
10:00-12:00 h.  Marco lexislativo. recursos dispoñibles
Rosa Campos Briones, Psicóloca-directora do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra.Análise da violencia de xénero dende o marco lexislativo:  Que permiten as leis,  e que non permiten,  cara a prevención e tratamento da violencia contra a muller? A importancia de coñecer e aplicar o marco lexislativo que temos.
Recursos disponibles na nosa comunidade.

12:00-14:00 h. Educar en igualdade… é posible!
Luisa Márquez Rodríguez, profesora de  Xeografía e Historia no IES Luís Seoane (actualmente xubilada), responsable do PEA-UNESCO no mesmo por 20 anos e coordinadora do Comité UNESCO. Coordinadora Galega das Escolas Asociadas da UNESCO.
Alba Lorenzo García, estudou no IES Luís Seoane de Monte Porreiro,participando en proxectos e intercambios como membro do Comité UNESCO.

É posible educar na igualdade entre mozas e mozos e combater a violencia nas relacións interpersonais, identificando os sinais e reforzando as relacións en pé de igualdade. Neste proceso é imprescindible e decisivo o compromiso das mozas e dos mozos.

16:00-18:00 h. Coeducando, conxugamos futuro!
Carme Moure, profesora de ensino secundario, con ampla experiencia en labor coeducativo nas aulas.
Levar a Coeducación ás aulas é previr as violencias machistas porque só a Coeducación protexe do machismo. De aí que sexan tan urxentes actuacións individuais e colectivas nos centros educativos do país. Precísanse equilibrar as carencias e excesos das mochilas de xénero do noso alumnado, converténdoo así en suxeito activo de  igualdade e prevención. Acadar isto implica, nas aulas, a necesidade de ensinar desde currículos igualitarios e levar a cabo labores coeducativos a nivel colectivo; só así axudaremos á construción dunha socidade igualitaria.

18:00-20:00h. Sensibilizar, previr e detectar as violencias de xénero no sistema educativo.
Carmen Ruíz Repullo, Doutora en Socioloxía, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades pola Universidade de Granada.
Por que a violencia de xénero estase (re)producindo nas idades máis novas?, cales son os factores actuais que están incidindo na reprodución desta problemática social?, que causas e mecanismos sosteñen e producen a violencia de xénero nas mozas adolescentes?, que modelo de masculinidade adolescente protagoniza a violencia de xénero?
Nos últimos anos estamos asistindo a unha exposición case cotiá de datos e cifras que sitúan a violencia de xénero na adolescencia nunha problemática que require urxentes respostas. A violencia de xénero nestas idades é unha realidade que marcou unha liña de actuación en materia de prevención, detección e intervención. Con todo, queda moita información por coñecer sobre os mecanismos que lexitiman e reproducen esta problemática social. Traballar coa adolescencia, desde a adolescencia, é o gran reto desta formación, achegarnos para coñecer, detectar e especialmente, previr a violencia de xénero nestas idades
Ás 20:00 Clausura


Solicitada a homologación por 8 horas lectivas.
Matrícula gratuíta

 

 
[Imprimir]