Formación
Cursos 
HISTORIAS DA CORUÑA. A MEMORIA DA CIDADE
Imprimir
HISTORIAS DA CORUÑA. A MEMORIA DA CIDADE  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 16/01/2018 até 25/01/2018(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 27/01/2018 até 08/02/2018. Días 27 e 31 de xaneiro e 5 e 8 de febreiro.
Horario: 27 de xaneiro de 11:30 a 13:30h, 31de xaneiro, 5 e 8 de febreiro de 19:30 a 21:30h.
Lugar de celebración: A. C. Alexandre Bóveda (Olmos 16. A Coruña)
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 33230641B
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

.Descubrir a evolución e transformación da cidade ao longo da historia.


.Poñer de relevo a relevancia das mulleres integrantes das Irmandedes da Fala.


.Revelar a figura de María Barbeito como protagonista da renovación pedagóxica da escola galega.

Contidos:


Programa:
Sábado 27 de 11:30 a 13:30h.
Roteiro: As mulleres das Irmandades da Fala. CEN anos marcando o camiño. Guían o roteiro Mercedes Queixas Zas, secretaria da AELG e María Xosé Bravo, presidenta da A. C. Alexandre Bóveda.

Hai 100 anos nacía na Coruña a primeira Irmandade da Fala, considerada por moit@s a primeira iniciativa consciente de normalización do idioma galego mais as Irmandades  non se ocuparon só da lingua, crearon un xornal, fundaron o Conservatorio Nazonal de Arte Galega,  crearon as Escolas do Insiño Galego, impulsaron a creación de coros, traballaron arreo para a creación do Partido Galeguista… Á Irmandade da Coruña pertenceron máis de 200 mulleres e o seu papel foi básico no teatro, na creación de editoriais, nas escolas... Lembraremos neste roteiro a Micaela Chao Maciñeiras, a Elvira Bao Maceiras, a María Miramontes, a Amparo López Jean...

Mércores 31 de 19:30 a 21:30h.
María Barbeito. Unha vida dedicada á escola e aos escolares. Ana Romero Masiá, historiadora, investigadora e ensinante.

María Barbeito Cerviño (1880-1970) foi unha destacada mestra e pedagoga coruñesa que desenvolveu o seu traballo nas Escolas da Garda desde 1901 ata que foi desposuída de todos os cargos a raíz do levantamento do 18 de xullo de 1936. O seu recoñecido prestixio estaba baseado nas experiencias que levou a cabo e na introdución de novos métodos pedagóxicos, ademais do labor que realizou en favor dos nenos e nenas das escolas públicas a través das cantinas e comedores escolares. A República destacouna nomeándoa un dos 10 mestres seleccionados en toda España co título de inspectora, o que concitou envexas que non a desanimaron  a continuar co seu labor. Retirada forzosa do ensino, refuxiouse no traballo de traducir autores franceses.

Luns 5 de 19:30 a 21:30h.
Da Cidade da Ilustración ao Polígono de Elviña: unha historia urbana da Coruña. José María Cardesín Díaz, sociólogo, profesor da UDC e investigador do Grupo Estudos Territoriais.
Entender as transformacións que experimentou a nosa cidade no curso de máis de dous séculos esixe combinar dúas perspectivas: a macro, encadrando as mudanzas no proceso de transición da cidade moderna a contemporánea en Europa; a micro, desenvolvendo unha metodoloxía baseada na cartografía histórica que nos permita analizar como aquel proceso cobrou corpo na Coruña.


Xoves 8 de 19:30 a 21:30h.
Umha panorámica geral da historia do movimiento obreiro na cidade e as greves. Carlos Velasco, historiador, investigador e profesor da UDC.

No início da década de 1870 surgem na Corunha os primeiros gromos organizativos da classe operária  vencelhados à Internacional (AIT), no contexto do Sexénio Democrático (1868-1873). Ultrapassada a fase mais duramente repressiva decorrente da implantaçom do regime da Restauraçom, o sindicalismo proletário de cariz mormente anarco-sindicalista consolida-se a partir da década de 1890, momento em que se produzem as primeiras greves de importância. Será na II República que o obreirismo corunhês alcance a sua maturidade, vertebrado maioritariamente em torno da Federaçom Local Obreira da CNT. Depois virá o desmantelamento por conta do fascismo e a recuperaçom na década de 1970.

 

Metodoloxía que se vai empregar:

Combinación práctica e teórica.

Plano de avaliacion da actividade:

Enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos: Cumprimento dos obxectivos da actividade, metodoloxía, datas, horarios, espazos ou materiais empregados

Destinatarios:

 Profesorado non universitario galego.

 

Criterios de selección:

 Por orde de inscrición.

 

Tipo e ámbito de difusión:

 A través de trípticos e correos electrónicos que se enviarán aos centros e a asociadas e asociados.

 

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €