Formación
Cursos 
XIII XORNADAS DA MULLER - Identidade sexual, homofobia e violencia de xénero.
Imprimir
XIII XORNADAS DA MULLER - Identidade sexual, homofobia e violencia de xénero.  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 03/02/2016 até 03/03/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 05/03/2016 até 05/03/2016.
Horario: De 10 a 14h e de 16 a 20h.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 32792466D 33230641B
Modalidade formativa: Curso
Obxectivos previstos:
-Transmitir ao profesorado a importancia de educar en igualdade para superar inxustizas xeradas por razóns de xénero. -Proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas.
Contidos:
PROGRAMA 9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material 10:00-11:00 h. Saír do círculo é posible! Marta Rodríguez Engroba, presidenta da Asociación lucense contra a violencia de xénero “Si, hai saída”. Propostas para identificar, previr e saír de situacións de malos tratos. 11:00-12:00 Trans*formando a sociedade. Cristina Palacios,presidenta da Asociación ARELAS. Aínda que a educación afectivo-sexual foi introducida a nivel formal no sistema educativo nas últimas décadas, a realidade e a diversidade sexual aínda é descoñecida para a maioría e un reto para a escola. 12:00-14:00 h. Xéneros e relacións 2.0. Ianire Estébanez, Psicóloga, experta en violencia de xénero A desigualdade e a violencia de xénero está actualizándose entre as xeracións máis novas a golpe de click, en comportamentos sutís, disfrazados e virtualizados, pero co mesmo fondo sexista. Analizaremos cómo se está relacionando afectiva e sexualmente a xente nova, qué desigualdades se aprecian nas súas relacións e profundaremos en entender a ciberviolencia e o ciberacoso con unha perspectiva de xénero. 16:00-18:00 h.Diversidade sexual e igualdade, algo máis que palabras. Marián Moreno Llánez, asesora e formadora en temas de coeducación. A educación para a igualdade é a base para previr a violencia contra as mulleres e contra as persoas LGTB. Só recoñecendo a necesidade e a importancia da coeducación, poderemos dotarnos de recursos para levar á aula. Esta intervención pretende, propoñer estratexias concretas para traballar a igualdade e o respecto á diversidade sexual nas aulas, todas elas baseadas na experiencia profesional da relatora, aberta a compartir dúbidas, obstáculos e recursos. 18:00-20:00 h. As trampas do romanticismo: o amor romántico como idea irracional". Iria Veiga, Médica-Psiquiatra. Analizamos a idea do amor romántico, o seu desenvolvemento histórico e a súa relación cos roles e a violencia de xénero, dende a perspectiva da psicoloxía cognitivo condutual, identificando ideas irracionais e conceptos que a soportan e a perpetúan, como estrutura que forma parte do sistema de opresión heteropatriarcal sobre as mulleres. Ás 20:00 Clausura
Metodoloxía que se vai empregar:
As persoas que van impartir os distintos obradoiros teñen ampla experiencia profesional, baseando as súas intervencións na comunicación oral, na súa práctica e na interrelación co público asistente.
Plano de avaliacion da actividade:
-Asistencia ao 85% das horas. -Seguimento do desenvolvemento da actividade. -Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal , tendo preferencia os socios/as da AS-PG e os afiliados/as da CIG-Ensino
Tipo e ámbito de difusión:
-Enviarase información aos socios/as da AS-PG, afiliados/as da CIG-Ensino e aos centros de ensino. -Publicitarase na páxina web da AS-PG e da CIG-Ensino.
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €