Formación
Cursos 
XIX XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Imprimir
XIX XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 04/02/2016 até 09/03/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 12/03/2016 até 12/03/2016.
Horario: De 10 a 14h e de 16 a 20h
Lugar de celebración: IES As Fontiñas. Santiago de Compostela
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32791362D 32792466D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
Nestas Xornadas pretendemos aportar propostas de traballo anovadoras en diferentes áreas con carácter eminentemente práctico que axuden ao profesorado no seu traballo diario nas aulas. Facilitar recursos lúdicos, de animación á lectura, de psicomotricidade, dramatización ou novos paradigmas para o ensino das matemáticas. Outro dos obxectivos é o intercambio de experiencias entre o profesorado que enriquecen o seu traballo diario.
Contidos:
PROGRAMA De 09:45 a 10:00 h: Recepción e entrega de material 10:00-12:00 h. O libro da memoria. Ana Abelenda, Educadora Infantil na Escola A Galiña Azul da Laracha. Contadora. Existe todo un percorrido anterior ao álbum ilustrado, necesario para que as crianzas poidan descodificar este tipo de libros. Necesitamos do noso folclore, da nosa tradición oral, da sabedoría popular, polo que propoñemos para as aulas de infantil un libro moi especial: o “Libro da Memoria. " 12:00-14:00 h. Os proxectos en educación infantil. Celia Moreno Trigo, Dolores Pato Gándaras e María Penide Márquez, mestras de Educación Infantil. O traballo por proxectos é unha dinámica de aula que parte dos intereses, coñecementos previos que teñen nenas e nenos dun tema a investigar, para tratar de favorecer e propiciar que o alumnado se aproxime desde as súas concepcións ao saber científico, co que tamén se fomenta a autonomía. Un proxecto parte dos intereses do alumnado, mais non todo o que lle interesa se converte en proxecto. 16:00-18:00 h. A relaxación a través da psicomotricidade. Ana Cendán Fontela e Cecilia Idiart Torrado, Educadoras de Infantil na Escola A Canteira de Oleiros. Con esta proposta pretendemos achegar a importancia que ten para o desenvolvemento integral e o equilibrio persoal dos nenos e nenas as técnicas de relaxación. Basearemos a nosa actuación nunha práctica orientada aos intereses e motivacións de nenos e nenas de 0 a 6 empregando o xogo como motor de aprendizaxe. • Beneficios da relaxación. • Tipos de relaxación. • Técnicas de relaxación baseadas no xogo 18:00-20:00 h. Desvelando a proveitosa relación entre o teatro e a educación infantil. María Torres, actriz, co-directora da Compañía Elefante Elegante. O Teatro é unha valiosa ferramenta na educación infantil xa que facilita a toma de consciencia do corpo, desenvolve a expresión oral e corporal e axuda a explorar, explicar e aceptar as emocións. Na expresión dramática, a creatividade toma forma a través do xogo, potenciando a autoconfianza e funcionando como motor da aprendizaxe. Ás 20:00 Clausura
Metodoloxía que se vai empregar:
As persoas que van impartir os distintos obradoiros teñen ampla experiencia profesional, baseando as súas intervencións na comunicación oral, na súa práctica e na interrelación co público asistente
Plano de avaliacion da actividade:
-Asistencia ao 85% das horas. -Seguimento do desenvolvemento da actividade. -Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal e www.cig-ensino.gal tendo preferencia os socios/as da AS-PG e da CIG-Ensino.
Tipo e ámbito de difusión:
-Enviarase información a socios/as da AS-PG, CIG-Ensino e aos centros de ensino. -Publicitarase na páxina web da AS-PG/CIG-Ensino
Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 10 €
Asociado/a AS-PG/CIG : 10 €
Parado : 20 €
Xeral : 30 €