Formación
Cursos 
X Xornada de Literatura de Tradición Oral: Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes...
Imprimir
X Xornada de Literatura de Tradición Oral: Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes...  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 11/09/2017 até 19/10/2017(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 21/10/2017 até 21/10/2017.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h
Lugar de celebración: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 76415434G 32787222D
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

 

Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional.

 

Facilitar un foro de reflexión útil ao profesorado para comprender e transmitir os valores da nosa cultura.

 

Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa cultura popular.

 

Información sobre a presenza do tema proposto en relación coa na literatura popular galega de tradición oral.

 

A importancia do coñecemento destes temas da cultura transmitida por vía oral na formación do alumnado.

 

Formas e xéneros sobre antroponimia, fraseoloxía, toponimia.

 

Contidos:

 

PROGRAMA

  

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

 

10.30-11.30 Conferencia

 

Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego

 

Xulia Marqués Valea

 

11.30-12.30 Conferencia

 

Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio

 

Isidro Novo

 

12.30-14.00 Mesa redonda

 

Saber o seu nome sen perder a súa voz

 

Xulia Marqués Valea e Isidro Novo.

 

Coordina: Antonio Reigosa 

 

16.00-17.00 Conferencia

 

Presenza de valores antropolóxicos, etnográficos e míticos na fraseoloxía

 

Mª Rosario Soto Arias

 

17.00-18.00 Conferencia

 

Toponimia e lendas

 

Gonzalo Navaza

 

18.00-19.30  Mesa redonda

 

O abecé do noso ADN simbólico-cultural

 

Mª Rosario Soto Arias e Gonzalo Navaza.

 

Coordina: Isidro Novo

 

19.30-20.30 Sesión práctica

 

Palabras con misterio: O Latín dos canteiros

 

Faladoiro con Xesús Antón Gulías (investigador), Marcos Escudero, Xabier Quijada e Faustino Santiago Lema (canteiros).

 

Plano de avaliacion da actividade:

  

- Asistencia ao 85% das horas.

 

- Seguimento do desenvolvemento da actividade.

 

- Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

 

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario.

Criterios de selección:

 Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.

Tipo e ámbito de difusión:

 

Enviarase información aos socios-as da AS-PG, da AELG e aos centros de ensino de Galicia, públicos e privados.

 

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €