Formación
Cursos 
IX Xornada de Literatura de Tradición Oral:Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular
Imprimir
IX Xornada de Literatura de Tradición Oral:Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 14/10/2016 até 11/11/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 12/11/2016 até 12/11/2016.
Horario: De 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8, Lugo)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 76415434G 32787222D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
.- Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional. .- Información sobre a presenza dos tema da medicina popular tradicional en relación coa na literatura popular galega de tradición oral. .- Formas e xéneros sobre os remedios, prácticas e ritos curativos na cultura popular galega. .- A presenza da saúde e os remedios no folclore musical tradicional.
Contidos:
PROGRAMA 10.15 Recepción, entrega de material e inauguración 10.30-11.30 Conferencia: Uso das plantas medicinais no Caurel: Tradición e Cultura Popular María Moure Oteyza 11.30-12.30 Conferencia: A recollida da memoria oral como método de aprendizaxe. O valor de espertar e guiar a curiosidade. Ana Lois 12.30-14.00 Mesa redonda: Escoitar, ver e aprender. O saber que cura María Moure Oteyza e Ana Lois. Coordina: Antonio Reigosa 16.00-17.00 Conferencia: A medicina popular en Galicia Pablo Vaamonde 17.00-18.00 Conferencia: Curando coa palabra entre a literatura e a medicina popular Ana Acuña 18.00-19.30 Mesa redonda: Médicos ou menciñeiros? Da psique á psiquiatría Pablo Vaamonde e Ana Acuña. Coordina: Isidro Novo 19.30-20.30 Aprender a ver e a sentir: Arredor de nós está a vida Identificación e aplicación de remedios curativos con herbas da nosa contorna Carmiña Prado Pena
Plano de avaliacion da actividade:
- Asistencia ao 85% das horas. - Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.
Tipo e ámbito de difusión:
-Enviarase información aos socios-as da AS-PG, da AELG e aos centros de ensino de Galicia, públicos e privados. -Publicitarase na páxina web da AS-PG, da AELG e editaranse cartolinas e carteis co programa.
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €