Formación
Cursos 
XX XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Imprimir
XX XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 16/03/2017 até 30/03/2017(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 01/04/2017 até 01/04/2017.
Horario: De 9:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas, Rúa Estocolmo 5
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 32791362D 32792466D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

 

Nestas Xornadas pretendemos achegar propostas de traballo anovadoras en diferentes áreas con carácter eminentemente práctico que axuden ao profesorado no seu traballo diario nas aulas.

 

Outro dos obxectivos é o intercambio de experiencias entre o profesorado que enriquecen o seu traballo diario.

 

Contidos:

 PROGRAMA

  De  09:45 a 10:00 h: Recepción e entrega de material

 10:00-12:00 h. Educación orgánica. O respirar dos días. Nieves López López, profesora do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Politécnico de Lugo.

  Cal é a vivencia do neno, da nena, na etapa inicial da escolarización?

 Que é o que impregna o día de “calidade”?

 Que significa aprendizaxe con nenos e nenas entre 0-3 e 6 anos?

 Partindo dun pequeno marco teórico onde a protagonista é a Individualidade de cada neno e cada nena que se está a desenvolver, reflexionaremos sobre das novas perspectivas educativas e do rol “adulto” como guía e autor da educación.

 12:00-14:00 h. Escola pública, viva e activa. Profesorado do CRA Antía Cal

 Paseo pola nosa escola a través das bases metodolóxicas, a organización do centro e os referentes teóricos. Un achegamento á escola das vivencias, das emocións e do respecto.

16:00-17:30 h. A función docente do profesorado de apoio nas aulas de Infantil. Lara Fernández Pérez e María Armesto López, mestras do CEIP Bergantiños.

 Organización  e  propostas metodolóxicas levadas a cabo no CEIP Bergantiños (Carballo) polas mestras de apoio na súa  intervención nas aulas.

 17:30-19:00 h. "Son eu!" proxecto pola igualdade de xénero. Profesorado do CRA de Culleredo.

 O centro levou o Premio Concepción Arenal 2016: Proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación Provincial da Coruña.O proxecto persegue desenvolver dinámicas de traballo co alumnado, profesorado e comunidade educativa no seu conxunto para garantir igualdade no trato, na linguaxe, na liberdade e no carácter identitario de cada un dos nenos e nenas.

 19:00-20:00 h. "Da casa á escola con Sabela e as zocas máxicas”. Xosé Manuel Rosales Noves, arquitecto, coordinador do Proxectoterra, profesor no IES Ramón Menéndez Pidal.

Da casa á escola é a idea que articula as tres historias do conto  “Sabela e as zocas máxicas". Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos.

Ás 20:00 Clausura

 

Metodoloxía que se vai empregar:

 

As persoas que van impartir os distintos obradoiros centraran as súas intervencións na comunicación oral, na súa práctica e na interrelación co público asistente. Utilizando ao mesmo tempo distintos medios técnicos de apoio que redunden na calidade e claridade da exposición.

 

Plano de avaliacion da actividade:

 

Asistencia ao 85% das horas, seguimento do desenvolvemento da actividade e cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.


Destinatarios:

Profesorado de Educación Infantil e futuros ensinantes.

Criterios de selección:

 

Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal e www.cig-ensino.gal tendo preferencia os socios/as da AS-PG e da CIG-Ensino.

 

Tipo e ámbito de difusión:

 

Enviarase información a socios/as da AS-PG, CIG-Ensino e aos centros de ensino, publicitarase na páxina web da AS-PG/CIG-Ensino


 

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 10 €
Parado : 20 €
Xeral : 30 €