Formación
Cursos 
V XORNADAS LITERATURA E ENSINO: CARTOGRAFÍAS DO PRESENTE: A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XXI
Imprimir
V XORNADAS LITERATURA E ENSINO: CARTOGRAFÍAS DO PRESENTE: A LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XXI  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 15/09/2016 até 13/10/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 15/10/2016 até 15/10/2016. Sábado, 15 de outubro de 2016
Horario: De 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00
Lugar de celebración: IES As Fontiñas
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 35318702V 32787222D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
1. Achegar ao profesorado experiencias novidosas para o seu traballo na aula. 2. Ofrecer un mapa provisional da literatura galega contemporanea. 3. Facilitar un foro de reflexión a respecto da perspectiva literaria máis recente. 4. Incidir en prácticas que posibiliten a estimulación creativa escrita do alumnado
Contidos:
9:30-11:30 h Café para tres: Como explicar a historia da literatura galega desde o século XXI? Dolores Vilavedra / Isaac Lourido / Teresa Seara 11.30- 13.30 h Sesión vermú: ficcións narrativas para conquistar novos públicos Xosé Monteagudo / Ledicia Costas / Xosé Duncan 16.00 - 18.00 h Sobremesa en acción: obradoiros literarios con propostas de textos contemporáneos para as aulas • Rosalía Fernández Rial (teatro / poesía) • Antía Otero (poesía /videocreación) • Francisco Castro (narrativa) 18.00 - 20.00 horas Hora da merenda: que literatura galega nos piden os tempos? • Camilo Franco • Helena González • Álex Alonso
Metodoloxía que se vai empregar:
Procurarase o intercambio de experiencias prácticas mediante unha metodoloxía participativa e de construción do coñecemento por parte do alumnado que será tamén flexible, individualizadora, activa, participativa e integradora.
Plano de avaliacion da actividade:
• Entregarase unha enquisa que será cuberta polos asistentes. • Terase en conta tanto a participación activa nas aulas como a execución das diversas propostas de traballo que se programen. Así mesmo, tomarase en consideración cantos informes, individuais ou de grupo sexan oportunos. • Asistencia recollida na lexislación para ter dereito ao certificado.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os socios/as da AS-PG e da AELG
Tipo e ámbito de difusión:
• Enviarase información aos socios/as da AS-PG, da AELG e aos centros de ensino de Galicia. • Publicitarase na páxina web da AS-PG, da AELG
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €