Formación
Cursos 
XVIII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL
Imprimir
XVIII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 18/10/2017 até 15/11/2017(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 18/11/2017 até 18/11/2017.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas.
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D 32791362D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

- Transmitir no profesorado a importancia  que o factor oral ten na    recuperación e uso da lingua.
- Proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para estimular e traballar a oralidade nas aulas.
- Dar pautas para a creación de historias ou ben para recrear historias de carácter popular.
- Traballar aqueles aspectos básicos da comunicación oral e intentar introducir novas formas de comunicación.

Contidos:

PROGRAMA

09:45h – 10:00 Recepción e entrega de material

 

De 10:00 a 12:00: Da historia ao enigma. Antonio Manuel Fraga, escritor e Antía Marante, profesora.
O obxectivo deste obradoiro é achegar o profesorado á dinámica dos “crebacabezas mentais”, baseada na creación de enigmas a partir de historias (reais ou non). Esta ferramenta procura potenciar a expresión oral e o traballo en equipo, así como a posibilidade de tratar distintos temas dun xeito lúdico.

 

De 12:00 a 14:00h: A inscrición da oralidade nun texto. Afonso Becerra, profesor da ESAD.
Proposta de xogos de escrita nos que se traballará a direccionalidade da voz, o monólogo, o soliloquio e as principais formas do diálogo no desenvolvemento dunha historia, ou incluso en textos nos que a historia se agoche.

 

De 16:00 a 17:30. O Patrimonio Inmaterial como cerne da nosa cultura: Tipoloxía, estudo e posta en valor,  Rafael Quintía, antropólogo.

-Que é o patrimonio inmaterial?, cal é o seu valor? o  traballo de campo e a recuperación, breve introdución ao imaxinario colectivo galego (mitoloxía, festas,
crenzas e ritos)

 

De 17:30 a 18:30 : Falar por falar, Belén Regueira, xornalista
Que o discurso oral sexa decote improvisado non significa que detrás del non haxa preparación ningunha.
Un gran poder, como tomar a palabra en público, implica unha gran responsabilidade. Antes de botarmos a lingua a facer, falaremos do que dicimos e de como escollemos dicilo.

 

De 18:30 a 20:00: Contar para medrar,  Vero Rilo, contadora e ensinante.

Achegamento á narración oral para perder medos, compartir recursos, reflexionar sobre a práctica educativa, xogar e contar. En definitiva contar para medrar.

 

Ás 20:00 Clausura

Metodoloxía que se vai empregar:

Combinación de exposicións teóricas coa realización práctica de actividades arredor da escrita creativa, da actividade escénica, a oralidade e a comunicación.

 

Plano de avaliacion da actividade:

Asistencia ao 85% das horas.
Seguimento do desenvolvemento da actividade.
Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com , tendo preferencia os socios/as da AS-PG.

Tipo e ámbito de difusión:

Enviarase información aos socios/as da AS-PG e aos centros de ensino.
Publicitarase na páxina web da AS-PG.

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 10 €
Parado : 20 €
Xeral : 30 €