Formación
Cursos 
XXIX SEMANA DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA
Imprimir
XXIX SEMANA DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA  (22 Horas)
Matrícula:  Desde 15/06/2017 até 30/09/2017(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 18/09/2017 até 22/09/2017.
Horario: Segunda feira 18 de setembro de 16:30 a 20:30h, De terza a sexta feira 16:30 a 21:00H
Lugar de celebración: Pontevedra
Número de prazas: 55
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 33306517X
Modalidade formativa: Curso
Obxectivos previstos:

Adquirir ferramentas de traballo partindo das posibilidades que nos ofrece o medio.

Sensibilizar ao profesorado da importancia do medio ambiente.

Coñecer as distintas contornas da comarca e descubrir a súa aplicación na aula.

Contidos:

PROGRAMA:
Segunda feira 18 setembro
Casa das Campás, Pontevedra.
16:30h Recepción e entrega de materiais.
17:00h Saída da Praza da Ferraría
Roteiro guiado “ Do gris ao violeta” Por María Xesús López Escudeiro. Profesora catedrática de ensino secundario. Coautora do libro do mesmo nome.
Un percorrido pola historia de Pontevedra con lentes de xénero.
Achegámonos aos espazos polos que se moveron Concepción Arenal,  Pardo Bazán, Carmen Durán, Dolores Trabado, Ángeles Ruibal… e outras moitas mulleres anónimas que merecen ser lembradas.
19:15h Casa das Campás
Conferencia presentación do libro“Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade”
Por Luís Bará Torres, profesor de ensino secundario, Concelleiro e parlamentario no parlamento de Galiza. Autor do libro do mesmo nome.
A procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.é un acto de compromiso, unha homenaxe ás persoas que o protagonizan e ás súas familias.
Remate 20:30h
Terza feira 19 de setembro
16:30h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en bus.
A península de  Ogrobe: Do neolítico á actualidade. Por Heladio Outeiro Padín, Patrón de pesca, membro da Asociación Galega de Historiadores.
Visitaremos:
Recinto da Lanzada: excavación arqueolóxica, recinto fortificado (derradeiro reduto irmandiño) e capela románica (sec XII) lugar de lendas e ritos.
Monte da Siradella con aula da Natureza e centro de interpretación do complexo intermareal Umia-Ogrobe-Ons.
Punta Carreiro coa necrópole arqueolóxica de Adro Vello e Punta Castriño, porta de entrada da ría de Arousa fronte à Illa de Sálvora.
Obteremos recursos didácticos sobre História, Xeografia, Xeoloxía, Bioloxía, Medioambiente, Toponimia, Lendas, etc. da que foi a Illa máis grande de Galiza, hoxe en día península.
Remate ás 21:00h
Cuarta feira 20 de setembro
16:30h  Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús
Roteiro didáctico:O viño e a viña. Un achegamento ao ciclo do viño.
Por Roberto Rivas Reboredo, licenciado en historia, membro da AS-PG e adegueiro.
O viño forma parte da nosa cultura, e mesmo da vida  diaria de moito do noso alumnado. Coñecer todo o proceso de elaboración do viño da man dunha adega fai que teñamos unha visión mais próxima  e permite que esteamos mais integrados no medio. Percorreremos o ciclo da elaboración do viño: Dende a vendima até o engarrafado.
Remate ás 21:00h
Quinta feira 21 de setembro
16:30h  Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús.
Roteiro didáctico:As cubertas da catedral de Santiago de Compostela.
Unha visita distinta á catedral de Santiago de Compostela. As cubertas. Coñeceremos anécdotas e historias  da construción da Catedral, ao tempo que temos unha visión desde arriba, moi  pouco habitual do casco histórico da cidade de Compostela, patrimonio da humanidade: A Praza da Quintana para un lado, o Obradoiro para o outro, claustros e patios, ou os mosteiros e igrexas que conforman a cidade arcebispal.
Remate ás 21:00h
Sexta feira 22 de setembro
16:30h  Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús
“Roteiro didáctico: Vigo, O museo do mar e a Vila romana de Toralla”
No museo do mar de Galicia  veremos  a vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. Coñeceremos a actividade pesqueira en tódolos seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no decorrer da historia.
Vila romana de Toralla. A única vila romana de Galiza que está escavada integramente  e que pode ser visitada. Un xacemento dos séculos IV e V DC. Veremos as salinas, a casa e un complexo sistema termal  que denota a elevada posición social dos seus moradores.
Remate ás 21:00h

Metodoloxía que se vai empregar:

Os roteiros son fundamentalmente prácticos xa que a intención dos mesmos é dotar de material e recursos didácticos ao profesorado asistente para que sexa capaz de empregalo logo nas súas aulas.

Plano de avaliacion da actividade:

Entregarase unha enquisa que será cuberta polos asistentes.
Asistencia recollida na lexislación para ter dereito ao certificado.

 

Destinatarios:

Profesorado de ensino non universitario.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición en xxx.as-pg.gal, tendo preferencia os socios/as da AS-PG e afiliados da CIG-Ensino

Tipo e ámbito de difusión:

Enviarase información por correo electrónico afiliados CIG-ENSINO, socios/as AS-PG e centros de ensino da comarca de Pontevedra.
Publicitarase na páxina web da AS-PG e CIG-Ensino.

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 50 €
Parado : 60 €
Xeral : 100 €