Formación
Cursos 
ORIENTACIÓN PARA A FASE DE PRÁCTICAS. ELABORACIÓN DA MEMORIA
Imprimir
ORIENTACIÓN PARA A FASE DE PRÁCTICAS. ELABORACIÓN DA MEMORIA  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 08/09/2017 até 09/11/2017(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 11/11/2017 até 11/11/2017.
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20h.
Lugar de celebración: Vigo
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 36026917Q
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

Proporcionar información sobre os aspectos  formais do traballo do profesorado en prácticas: elaboración de memoria da fase de prácticas.

Coñecer os sitemas de xestión da carreira profesional docente e de organización do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Proporcionar información sobre cuestións que poidan ser de interese e revisión da lexislación correspondente.

Contidos:


Compentencias profesionais docentes. Formación e innovación do profesorado.

O funcionariado. dereitos e deberes. Funcionariado en prácticas: memoria final.

Organización do centro escolar. O departamento didáctico. Sistemas de xestión de centro.

A titoría e atención á diversidade. Convivencia escolar.

Metodoloxías activas de aprendizaxe e enfoque competencial da programación

Revisión de lexislación sobre aspectos de interese: concurso de traslados, concurso de adxudicación de destinos provisionais, solicitude de comisións de concilia, solicitude de comisións de saúde, solicitude de licenzas por formación, licenzas de asesorías para a Consellería, prazas sometidas a convenio,  permutas, accidentes no traballo, horario do profesorado, salarios, etc.

Metodoloxía que se vai empregar:

Combinación práctica e teórica

Plano de avaliacion da actividade:

A través de enquisas que se pasaran ao profesorado asistente

Destinatarios:

Profesorado en Prácticas

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición.

Tipo e ámbito de difusión:

Cartelería enviada aos centros e correos electrónicos

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 16 €
Parado : 24 €
Xeral : 32 €