Formación
Cursos 
XV XORNADAS DA MULLER
Imprimir
XV XORNADAS DA MULLER  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 16/02/2018 até 15/03/2018(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 17/03/2018 até 17/03/2018.
Horario: De 10 a 14h e de 16 a 20h.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas
Número de prazas: 90
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D 33230641B
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

•Proporcionar ao profesorado técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas.
•Transmitir ao profesorado a importancia  de educar en igualdade para superar inxustizas xeradas por razóns de xénero.
•Analizar o papel decisivo da escola como espazo socializador que trasmita valores non sexistas

Contidos:

PROGRAMA
9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material
10:00-11:00 h.” Interseccionalidade de xénero: discriminacións múltiples e coeducación na aula”. María Rúa Junquera, xornalista, especialista en xénero.

Cando unha persoa sofre diferentes tipos de discriminación, o resultado non é igual á suma de todas elas senón que emerxe unha tipoloxía de discriminación diferente á que lle hai que prestar unha atención específica na aula. A interseccionalidade de xénero pretende ser unha ferramenta útil para afondar nas relacións de poder que xeran as situacións de desigualdade. Partindo do xénero, podemos abordar outras actitudes discriminatorias sobre a mesma persoa relativas á lingua, procedencia, etnia, orientación sexual, discapacidade ou posición económica.
11:00-12 h. "O Comité Lila”. Teresa González Piñeiroa, ensinante e dinamizadora do Comité Lila.

Unha experiencia de alumnado activista e dinamizador da igualdade do IES Dionisio Gamallo Fierro de Ribadeo. O seu percorrido, espazo, decálogo de obxectivos, presenza pública e influencia na contorna...
O Comité Lila traballa desde o ámbito educativo na visibilización das mulleres, no fomento de novas masculinidades e na denuncia de todo tipo de violencias machistas.
12:00-14:00 h.  Ferramentas para traballar o xénero nas aulas. María Rosendo, educadora social;  María Fidalgo, psicóloga social e Mar F. Cendón, licenciada en Ciencias Políticas, as tres expertas en xénero.

Esta proposta é un convite para reflexionar e tomar consciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos. Este traballo busca construír colaborativamente, e de forma dinámica, algunhas ferramentas para incorporar nas aulas a perspectiva feminista.
16:00-17:00 h. Son Feminista…. Carme Adán, profesora de filosofía.

Que significa ser feminista hoxe? Cales son as principais aporías da razón feminista ás que nos enfrontamos? Cal é o valor do feminismo no imperio do individualismo neoliberal? Podemos facer algo desde a escola? Estas son algunhas das preguntas que propoñemos como fío na reflexión sobre a vixencia do feminismo.

17:00-19:00 h. Presentación-coloquio do libro Invisibles de Montse Fajardo. Un libro de relatos do maltrato, que pon voz ás súas protagonistas, mulleres que sufriron a violencia machista. Contaremos coa autora, Montse Fajardo, con Carme Fouces, concelleira de Igualdade en Pontevedra e unha testumuña dunha das protagonistas destes relatos.

19:00 – 20:00 h Actuación musical do grupo “Máis boas que as patacas”, un grupo de alumnas do IES de Cacheiras que gañaron o premio do certame “Quero cantar” da Deputación da Coruña coa canción “Son muller”.
Ás 20:00 Clausura

Plano de avaliacion da actividade:

-Asistencia ao 85% das horas.
-Seguimento do desenvolvemento da actividade.
-Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €