Formación
Cursos 
XXVIII SEMANA DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA
Imprimir
XXVIII SEMANA DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA  (20 Horas)
Matrícula:  Desde 28/06/2016 até 27/09/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 26/09/2016 até 30/09/2016. DE 26 A 30 DE SETEMBRO DE 2016
Horario: Segunda feira de 17 a 20, terza, cuarta e sexta de 16:30h A 20:30h,quinta feira de 16 a 21h
Lugar de celebración: Pontevedra e arredores
Número de prazas: 55
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 33306517X
Modalidade formativa: Curso
Obxectivos previstos:
Adquirir ferramentas de traballo partindo das posibilidades que nos ofrece o medio. Sensibilizar ao profesorado da importancia do medio ambiente. Coñecer distintas contornas da comarca e descubrir a súa aplicación na aula. Coñecer o valor das saídas escolares como recurso didáctico.
Contidos:
PROGRAMA: Segunda feira 26 setembro: Casa das Campás, Pontevedra. Recepción e entrega de materiais. 17:00h Casa das Campás CONFERENCIA INAUGURAL: "Envelenadoras da alma popular": a represión sobre as mestras. Por Xosé Álvarez Castro, mestre, licenciado en historia, premio Día da Galiza Martir da Fundación Alexandre Bóveda; autor do Blog Pontevedra nos anos do medo. 18:30h saída da Praza de Méndez Nuñez “Roteiro didáctico: Camiños do Padre Sarmiento. A Boa Vila.” Por Roberto Rivas Reboredo Licenciado en historia. É membro da xunta directiva da AS-PG. Conta con ampla experiencia de monitor destes roteiros didácticos. Remate ás 20:00h Terza feira 27 de setembro 16:30h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en coche. “Roteiro didáctico : O Pazo e os Xardíns de Lourizán.” Por Jesús de la Fuente Villar, coordinador de prácticas da Escola de Capataces forestais de lourizán. Remate ás 20:30h Cuarta feira 28 de setembro 16:30h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús Roteiro didáctico:"A fábrica de Massó en Cangas: o pasado industrial de Galiza”Por Xoán Rodríguez, profesor de Lingua Galega no IES Illa de Ons de Bueu Remate ás 20:30h Quinta feira 29 de setembro: 16:00h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús, e de Cambados en Catamarán Roteiro didáctico “A ILLA DE SÁLVORA” Remate ás 21:00h Sexta feira 30 de setembro 16:30h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús “Roteiro didáctico: Unha ollada ambiental á Illa de Arousa” Por Manuel Domínguez , biologo, e María Sánchez , mestra. Os dous son educadores ambientais. Remate ás 20:30h
Metodoloxía que se vai empregar:
Os roteiros son fundamentalmente prácticos xa que a intención dos mesmos é dotar de material e recursos didácticos ao profesorado asistente para que sexa capaz de empregalo logo nas súas aulas. Procurarase o intercambio de experiencias prácticas mediante unha metodoloxía participativa e de construción do coñecemento por parte do alumnado que será tamén flexible, individualizadora, activa, participativa e integradora.
Plano de avaliacion da actividade:
-Entregarase unha enquisa que será cuberta polos asistentes. -Terase en conta tanto a participación activa nos percorridos como a execución das diversas propostas de traballo que se programen. -Asistencia recollida na lexislación para ter dereito ao certificado.
Destinatarios:
Profesorado de ensino non universitario
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com, tendo preferencia os socios e socias da AS-PG e afiliados/as da CIG-Ensino.
Tipo e ámbito de difusión:
-Enviarase información por correo electrónico afiliados CIG-ENSINO, socios/as AS-PG e centros de ensino da comarca de Pontevedra. -Publicitarase na páxina web da AS-PG e CIG-Ensino. -Enviaranse notas á prensa.
Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 50 €
Asociado/a AS-PG/CIG : 50 €
Parado : 60 €
Xeral : 100 €