Formación
Cursos 
XX ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE
Imprimir
XX ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE  (15 Horas)
Matrícula:  Desde 01/07/2016 até 14/09/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 15/09/2016 até 29/09/2016.
Horario: Mes de setembro: días 15 de 17:30 a 20:30h; día 21 de 18:00 a 20:00h, día 22 de 17:00 a 21:00h, día
Lugar de celebración: Lugares indicados no programa
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 34947070L
Modalidade formativa: Encontros Pedagóxicos
Obxectivos previstos:
Pór a disposición das/os asistentes recursos didácticos e metodolóxicos para o traballo da aula. Dar a coñecer ao profesorado as posibilidades da cidade e a provincia de Ourense. Fomentar a innovación pedagóxica na aula. Fomentar a normalización lingüística no ensino. Fomentar o intercambio de experiencias entre o profesorado.
Contidos:
Faite amigo do teu smartphone: Obradoiro para sacarlle o máximo partido a ese aparello que xa todos levamos na mao ou no peto as 24 horas do día e que nos dá continuas satisfaccións e comodidades…..pero nos frustra, ás veces, como aprendices de fotógrafos. Visita didáctica ao Centro de interpretación Aquae Querquernnae e ao conxunto arqueolóxico de Aquis Querquennis composto por un campamento militar, unha mansión viaria e aguas termais. Alí serános presentado o programa didáctico dirixido ao alumnado e adaptado ás distintas etapas educativas baixo os deseños curriculares vixentes. Como organizar unha exposición fotográfica. Ideas básicas para organizar as fotos. Como contar unha historia con elas. Resolucións de dúbidas e curiosidades sobre o tema. O Circuito Permanente de Orientación Deportiva (CPO) como ferramenta pedagóxica. Introdución dun xeito básico na Orientación Deportiva desde unha visión multidisciplinar do CPO. Ourense medieval. A importancia didáctica do coñecemento da cidade. Visita polo Ourense medieval. De Santa María Nai ao convento de San Francisco, pasando polas rúas gremiais e a Praza do Ferro. Espazos que, segundo a tradición teñen relevancia especial, non só na cidade de Ourense, senón na historia de Galiza. Como o lugar de conversión do visigodo Carriarico ao catolicismo.
Metodoloxía que se vai empregar:
A metodoloxía será aberta e participativa con utilización de diverso material de apoio. Os guías explicarán as características de cada lugar visitado cun enfoque didáctico. Resolveránse as dúbida daqueles que acudan ao curso, o que levará consigo realización dunha avaliación continua que permita ir modificando, se for preciso, a metodoloxía proposta. Será básicamente práctica, fomentando a troca de experiencias, a participación , o debate e as tarefas activas.
Plano de avaliacion da actividade:
Realizarase unha avaliación final do curso por parte dos asistentes ao mesmo, mediante un coloquio informal e a realización dun cuestionario elaborado a tal efecto.
Destinatarios:
Profesorado galego
Criterios de selección:
Por orde de inscrición
Tipo e ámbito de difusión:
Carteis, folleto, correos electrónicos e páxinas web
Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 15 €
Parado : 30 €
Xeral : 45 €