Formación
Cursos 
XL XORNADAS DO ENSINO DE VIGO
Imprimir
XL XORNADAS DO ENSINO DE VIGO  (20 Horas)
Matrícula:  Desde 01/07/2016 até 15/09/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 19/09/2016 até 28/09/2016.
Horario: Luns 19, mércores 21,venres 23 , luns 26 e mércores 28 de setembro de 2016. Horario: de 16.30 a 20.
Lugar de celebración:
Número de prazas: 30
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 35310267T
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
•Achegar recursos que permitan diferenciar os trazos básicos dos estilos arquitectónicos do período contemporáneo . •Favorecer a preparación de itinerarios e diversos materiais didácticos que acerquen ao alumnado á comprensión dos valores do patrimonio arquitectónico local . •Acercar a través do estudio do local, o coñecemento de fenómenos artísticos e históricos de carácter internacional . •Analizar os principais proxectos urbanísticos que incidiron na conformación do ensanche da cidade de Vigo e no desenvolvemento de algunas vilas da bisbarra . •Coñecer fitos históricos que condicionaron a evolución urbana de Vigo:guerra con Portugal no século XVII, fortificacións e murallas,vías de comunicación,chegada do ferrocarril, derrubamento das murallas… •Espertar o interese polo coñecemento da singularidade do patrimonio arquitectónico vigués e da presenza dalgún estilo ao quedar peneirados pola tradición granítica . •Recoñecer espazos urbanose a súa evolución histórica polo tipo de edificación que incorporaron, así como pola súa configuración urbanística .
Contidos:
-As características da arquitectura popular urbana viguesa.As casas mariñeiras do berbés e as vivendas modestas antigas doutras zonas da cidade histórica. -Arquitectura e elementos singulares do gótico tardío e da arquitectura renacentista no casco histórico. -A guerra de Restauración portuguesa(1640-1668) e o seu impacto sobre a conformación urbana de Vigo:construccióndo recinto de murallas e fortaleza do Castro e San Sebastián.Importancia do patrimonio arquitectónico que o conflicto xerou en todo o Baixo Miño, baluartes e fortificacións de Valença, Monçao, A Guarda, Salvaterra, Goián, etc. -A arquitectura civil e relixiosa barroca da cidade histórica.Observación de elementos no percorrido pola zona histórica. -A Academia de San Fernando e a Comisión de Arquitectura na implantación do neoclasicismo:A concatedral de Santa María. -O arranque do ensanche:derrubamento das murallas e proxectos de Nova Poboación de principios do século XIX:logros e fracasos. -A remodelación da zona histórica no século XIX, mediante expedientes de aliñación e ensanche sobre as súas angostas, tortuosas e mal trazadas rúas. -A creación do ensanche:planos de Ramón Vázquez e Domingo Rodríguez Sesmero.O importante plano xeral de de Manuel Fernández Soler.A consolidación do ensanche: -A planificación da Gran Vía por Ramiro Pascual. A utopía do Plan de Extensión e Reforma Interior de Antonio Palacios Ramilo. Plano de aliñacións de Manuel Cominges. A importancia das vías de comunicación no desenvolvemento do ensanche da cidade de Vigo. -Os promotores da arquitectura viguesa e da bisbarra: burguesía conserveira, consignatarios, indianos, comerciantes etc -Os estilos arquitectónicos e as súas características singulares ao implantarse na cidade de Vigo. -Elementos ornamentais que permiten diferenciar e identificar a expresión de estilos contemporáneos, como o eclecticismo afrancesado, historicismo, modernismo, rexionalismo, eclecticismo dos anos vinte, art déco, racionalismo, etc. -A orixinal e persoal creación de Antonio Palacios en Vigo: Salesas Reais, teatro García Barbón e Banca Viñas Aranda. -Arquitectura do ferro: os desaparecidos mercados. O emprego do ferro para lograr amplos espazos interiores. Exemplos que se conservan. -A cantería: unha tradición milenaria que achega unha expresión particular ao patrimonio arquitectónico vigués do ensanche. As canteiras de Matamá, Castrelos, Ulló (Arcade), etc. -A importancia da arquitectura industrial histórica en Vigo.. -Tipos de granito e a súas posibilidades de emprego na arquitectura. Tipos de tratamentos, presentacións e acabados: dende a virtuosa labra do Teatro García Barbón á rudeza dos cachotes do Mosteiro da Visitación. -Dos mestres canteiros aos inicios do tratamento industrial do granito: o serrado e puído de bloques de granito. As canteiras do Porriño. -A importancia das manifestación da arquitectura funeraria no cemiterio de Pereiró. A presenza de todos os estilos da etapa contemporánea. Elementos ornamentais e iconografía funeraria presente no cemiterio de Pereiró. -A arquitectura rexionalista en Galicia: a vía neobarroca de Manuel Gómez Román e a expresiva proposta de Antonio Palacios. -Morfoloxía urbana de vilas do entorno: o caso do Porriño. Vías de comunicación e orixe da vila. Arquitectura: eclecticismo e obra de Antonio Palacios. -A creación dunha zona residencial: Praia América. A contribución dos indianos á creación deste espazo. Arquitectura doméstica residencial: obra nesta zona de Manuel Gómez Román, Antonio Palacios, Román Conde, Salgado Urtiaga, etc. Arquitecturas singulares: Templo Votivo de Mar e Virxe da Rocha. .
Metodoloxía que se vai empregar:
Neste obradoiro empregarase unha metodoloxía teórico práctica: Este obradoiro desenvolverase polas rúas, prazas, avenidas e espazos civís de Vigo e vilas da bisbarra. Cada sesión será un paseo no que se observarán e analizarán unha ou varias das tipoloxías da arquitectura viguesa e dos seus arredores.Cada sesión/paseo comezará cunha breve exposición oral do poñente diante da primeira edificación obxecto de estudo.A partir desta primeira exposición combinaranse os comentarios do poñente coa participación d@s alumn@s do obradoiro.Procurarase o intercambio de experiencias prácticas.Metodoloxía participativa e de construción do coñecemento por parte do alumnado.Metodoloxía flexible, individualizadora, activa, participativa e integradora.
Plano de avaliacion da actividade:
• Establece instrumentos que permitan recoller información histórica da arquitectura da cidade de Vigo e das vilas da súa bisbarra. • Recoñece os trazos básicos na arquitectura local do neoclasicismo, eclecticismo, historicismo, racionalismo, modernismo, art déco, racionalismo, etc. • Identifica e diferenza a expresión dos diversos estilos arquitectónicos coas súas ornamentacións características no ensanche da cidade de Vigo e localidades veciñas. • Diferenza os diversos espazos urbanos xerados en distintas etapas históricas e recoñece espazos urbanos polo tipo de edificación que incorporaron ao longo dos anos. • Recoñece valores singulares do patrimonio arquitectónico que o poñen en valor. • Acerca ao alumnado á comprensión de fenómenos universais con aproximación ao local a través do estudio da implantación de estilos arquitectónicos internacionais nun medio local. • Valora as achegas da tradición local da cantería á expresión dos estilos internacionais que se implanta no medio urbano. • Valora as posibilidades de preparar percorridos o outro tipo de materiais sobre a evolución urbana e os estilos arquitectónicos que caracterizan os diversos espazos. • Elabora percorridos por estilos arquitectónicos no espazo urbano. • Valora a importancia de espertar o interese dos alumnos e alumnas pola preservación do noso patrimonio arquitectónico.
Destinatarios:
Profesorado galego
Criterios de selección:
Por orde de inscrición
Tipo e ámbito de difusión:
Cartaces, folletos, páxinas web
Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 21 €
Parado : 41 €
Xeral : 61 €