Formación
Cursos 
XXXIX XORNADAS DE VERÁN DA CORUÑA
Imprimir
XXXIX XORNADAS DE VERÁN DA CORUÑA  (12 Horas)
Matrícula:  Desde 21/07/2016 até 27/09/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 30/09/2016 até 01/10/2016.
Horario: Venres de 16:00 a 20:30h, sábado de 10 a 19:00h
Lugar de celebración: A Coruña e Monte Pindo
Número de prazas: 55
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
-Facilitar un foro de reflexión sobre o propio traballo docente. -Achegar recursos e ferramentas útiles para o traballo na aula -Pór en valor o noso patrimonio -Sensibilizar ao profesorado da importancia do medio ambiente.
Contidos:
PROGRAMA: Venres, 30 de setembro De 16:00h a 16:30h, Recepción e entrega de material.IES Menéndez Pidal (Zalaeta) De 16:30h a 17:15h CONFERENCIA: Bases para unha lei galega de educación, ANXO LOUZAO RODRÍGUEZ, Secretario Nacional da CIG-Ensino De 17:15h a 19:00h Pedagoxía da imaxe e mocidade dixital,Manuel González Álvarez, profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol, guionista e investigador cinematográfico. As estratexias didácticas tradicionais do ensino da imaxe audiovisual precisan de novos puntos de vista que poñan en valor o entorno dixital dos alumnos como eixo da acción pedagóxica. De 19:00h a 20:30h: Roteiro das Irmandades, Mercedes Queixas Zas, escritora. Roteiro pola cidade da Coruña para coñecer os espazos e @s protagonistas. 7 espazos para resumir a pegada das Irmandades: . Comezaremos na rúa Álvaro Cebreiro figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, iremos logo a rúa Real nº 36, onde estivo a Editorial Nós, para lembrar o traballo realizado por Ánxel Casal, pararemos no Teatro Rosalía para falar do teatro das Irmandades, achegaremos logo á rúa San Agostiño, onde morre Murguía, iremos até a Casa do Concello para lembrar a Lois Peña Novo, tamén na praza de María Pita falaremos das Escolas do Insiño Galego para rematar en Rego de Auga 38, sede da Academia onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades. Sábado, de outubro De 10:00h a 19:00 (Saída da Praza da Palloza) ROTEIRO POLO OLIMPO CELTA, Mario Maceira Dosil, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural, Xunto coa Asociación Monte Pindo Parque Natural participaremos nun roteiro polo Monte Pindo, considerado o Olimpo Celta dos nosos antergos e que actualmente é o aspirante a ser o primeiro Parque Natural da Costa da Morte. Visitaremos o Macizo Granítico Carnotán, destacado polos seus valores non só naturais senón tamén xeolóxicos e históricos que foron (e son) inspiradores de multitude de lendas e textos literarios.
Metodoloxía que se vai empregar:
Procurarase o intercambio de experiencias prácticas mediante unha metodoloxía participativa e de construción do coñecemento por parte do alumnado que será tamén flexible, individualizadora, activa, participativa e integradora.
Plano de avaliacion da actividade:
-Entregarase unha enquisa que será cuberta polos asistentes. -Terase en conta tanto a participación activa nos percorridos como a execución das diversas propostas de traballo que se programen.
Destinatarios:
Profesorado de ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com, tendo preferencia os socios e socias da AS-PG e afiliados/as da CIG-Ensino.
Tipo e ámbito de difusión:
-Enviarase información por correo electrónico afiliado/as CIG-ENSINO, socio/as AS-PG e centros de ensino da provincia da Coruña. -Publicitarase na páxina web da AS-PG e CIG-Ensino.
Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 20 €
Asociado/a AS-PG/CIG : 20 €
Parado : 35 €
Xeral : 50 €