Formación
Cursos 
XVI XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL “TÍRALLE DA LINGUA”
Imprimir
XVI XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL “TÍRALLE DA LINGUA”  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 12/10/2015 até 19/11/2015(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 21/11/2015 até 21/11/2015.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas ( R/ Estocolmo 5, Santiago de Compostela)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32791362D 32792466D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
-Transmitir no profesorado a importancia que o factor oral ten na recuperación e uso da lingua. -Proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para estimular e traballar a oralidade nas aulas. -Dar pautas para a creación de historias ou ben para recrear historias de carácter popular. -Traballar aqueles aspectos básicos da comunicación oral e intentar introducir novas formas de comunicación.
Contidos:
PROGRAMA 09:45h – 10:00 Recepción e entrega de material De 10:00 a 11:00 En galego canto, en galego sinto. Paco Nogueiras, músico e actor. A incorporación da música e da nosa cultura a través das novas tecnoloxías de xeito lúdico e pedagóxico. O BRINCA VAI : obxectivos, mecanismos e ferramentas nos que se basea, filosofía do mesmo. O Brinca Vai como ferramenta de acompañamento curricular De 11:00 a 12:30 A maxia da palabra . Andrea Bayer, actriz, guionista, contadora… de BaoBab Teatro A palabra e o seu poder de sedución. Aspectos a ter en conta para traballar a narración oral. As posibilidade que ofrecen os contos como recurso para formentar a oralidade. Traballaremos a voz, a súa intensidade, modulación e proxección. O ritmo e a expresión corporal, elementos esenciais á hora de contar. De 12:30 a 14:00 E que che hei contar!. Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, poeta. En plena centrifugación tecnolóxica, as novas máquinas que nos axudan a comunicarnos, están cambiando como nunca os modos de contarnos as cousas, de conversar, de aprender, atender e entender. Xa non será o raposo, raposo, nen o lugar, lugar, nen a escoita, escoitar… Convivimos coa última xeración de persoas que se criaron sen televisión, e non lles estamos facendo moito caso. De 16:00 a 18:00. Poesía, Vídeo e Graffiti. Outras achegas para a palabra. Antía Otero e Dores Tembrás, poetas, impulsoras do proxecto Apiario. O obxectivo deste obradoiro é introducir o poético na aula incorporando outras linguaxes como vías de acceso. Que teñen en común o poema e o graffiti? Que acontece na procura do videopoema? Partimos da seguinte premisa: o poético está en todo. Abordaremos este encontro nas aulas dende unha óptica eminentemente práctica e cunha proposta que insiste no estímulo da capacidade creativa do alumnado. De 18:00 a 20:00 Calquera parecido coa realidade é pura poesía, Lucía Aldao e María Lado, poetas e artistas. Tomando o xogo como punto de partida, tentaremos crear interese pola poesía desde a oralidade e a desacralización da mesma. A poesía é ubicua, e esta verdade é o camiño para perderlle o medo e ser todos e todas quen de gozar da escrita e do recitado. A colaxe serviranos para crear textos novos e efémeros con versos xa existentes e con reflexións ou ideas que se farán verso no momento do xogo. Ás 20:00 Clausura
Metodoloxía que se vai empregar:
-Realización práctica de actividades arredor da escrita creativa, da actividade escénica e a música como recursos nas clases de lingua e literatura. -Pautas concretas sobre usos das tecnoloxías para fomentar o uso oral nas aulas. -Presentación de recursos útiles para a narración oral.
Plano de avaliacion da actividade:
-Asistencia ao 85% das horas. -Seguimento do desenvolvemento da actividade. -Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com , tendo preferencia os socios/as da AS-PG
Tipo e ámbito de difusión:
-Enviarase información aos socios/as da AS-PG e aos centros de ensino. -Publicitarase na páxina web da AS-PG.
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €