Formación
Cursos 
XIX XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA
Imprimir
XIX XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA  (11 Horas)
Matrícula:  Desde 17/04/2009 até 23/04/2009(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 24/04/2009 até 25/04/2009. Abrese e péchase as 0 horas do dia sinalado
Horario: Venres de 16:30 a 21:00 e Sábado de 10 a 21:00
Lugar de celebración: FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
Número de prazas: 250
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 20%       Número máximo de prazas: 20%
Coordenadores: 52470409A
Modalidade formativa: XORNADAS
Obxectivos previstos:
Estudar difentes aspectos relacionados coa nosa lingua e literatura e con temas de interese para o profesorado desta materia. -Espallar experiencias pedagóxicas innovadoras baseadas na implicación de profesorado e alumnado. -Fornecer materiais e recursos para a impartición da lingua e a literatura no ensino, mediante seminarios de sociolingüística, TIC, literatura, lingua, -Actualizar os coñecementos de lingua e literatura galegas mediante a exposición dos estudos máis recentes realizados sobre esta materia. -Contribuír á progresiva normalización da lingua galega.
Contidos:
1. Conferencia: ?Xenaro Mariñas del Valle? e representación teatral 2.Conferencia: ?Ramón Cabanillas, nos 50 anos da súa morte?.Exposición sobre as Irmandades da Fala (as-pg) e video. 3.Conferencia: ?Ramón Piñeiro, homenaxeado no día das letras galegas?. 4.Conferencia: Freixeiro Mato: Situación externa da lingua galega. 5. MESA REDONDA: O Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino, representantes dos GRUPOS POLÍTICOS. 6.MESA REDONDA: O Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino educativo, A MESA, CIG-Ensino, AS-PG. 7.Seminarios: 7.1-?A autora fala da súa obra?: Maria Reimondez 7.2-?As competencias a través das TIC? 7.3-?Obradoiro literario; mecánica para a interpretación e produción do texto literario? 7.4-?Cine en galego para a materia de lingua e literatura; ?Flocos? 7.5-?Experiencia de funcionamento de ENL? 7.6-?A autora fala da súa obra?: Inma López Silva 7.7-? Exemplo de traballo por competencias: Curros? 7.8-Varela Buxán nas aulas; obradoiro e video 7.9- A muller na literatura 7.10-Move letra: recursos didácticos.
Metodoloxía que se vai empregar:
Trátase dunhas Xornadas de carácter teórico-práctico, que potenciarán cada un destes aspectos segundo o tema a desenvover. Os diferentes seminarios están pensados para un alumnado que demanda que os contidos tratados teñan unha aplicación práctica e por este motivo terán un enfoque práctico.
Plano de avaliacion da actividade:
Recollerase, unha vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os segundos aspectos: -Cumprimento dos obxectivos da activide. -Cumprimento dos contidos da actividade -Metodoloxía empregada na actividade -Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados.
Destinatarios:
PROFEROSADO DE PRIMARIA E SEGUNDARIA
Criterios de selección:
ORDE DE INSCRICIÓN, PREFERENCIA AFILIACIÓN CIG-ENSINO e AS-PG
Tipo e ámbito de difusión:
PROFESORADO
Importe da matrícula e tipos:
AFILIADOS/AS CIG-ENSINO E SOCIOS/AS DA AS-PG : 6 €
DESEMPREGADOS/AS : 10 €
NORMAL : 20 €