Formación
Cursos 
XIV Xornadas de Educación Infantil
Imprimir
XIV Xornadas de Educación Infantil  (10 Horas)
Matrícula:  Desde 24/03/2011 até 06/04/2011(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 08/04/2011 até 09/04/2011.
Horario: Venres 8 de 17:00 a 20:30 horas e sábado 9 de 9:30 a 14:00 e de 16:00a 19:00horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Número de prazas: 120
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32791362D 32792466D
Modalidade formativa: Curso
Obxectivos previstos:
O traballo en Educación Infantil empregando as novas tecnoloxías non é só unha metodoloxía, é unha nova concepción do ensino. Un futuro reto educativo baseado na metacognición será, quizais, a maneira máis eficaz de aprender. Nestas Xornadas pretendemos aportar propostas de traballo anovadoras en diferentes áreas con carácter eminentemente práctico que axuden ao profesorado no seu traballo diario nas aulas, así o intercambio de experiencias é un do piares básicos das Xornadas.
Contidos:
Venres 8 de abril. De 17:00 a 17:30 horas: Recepción e entrega de material. De 17:30 a 20:30 horas. Aprendendo a ler o álbum ilustrado cos ilustradores e ilustradoras galegas. Miguel Vázquez Freire, especialista en literatura infantil. Un percorrido por algúns dos autores dos álbums máis representativos da literatura infantil galega, recoñecendo as principais fórmulas expresivas e tendencias estéticas. Sábado 9 de abril. De 9:30 a 11:30 horas. Centro de Filosofía para nenos e nenas de Galicia. Carmen Loureiro e Jesús Merino. Presentación dunha proposta de traballo dentro do contexto do programa "Philosofy for Children" de Matthew Lipman e Ann Sharp avanzando do máis xeral ao máis particular. Presentación de cinco contos (escritos e ilustrados por María Corleone) cos seus correspondentes complementos didácticos. De 12:00 a 14:00. Das grandes teorías aos pequenos faceres do cotiá. Nieves López López, pedagoga e profesora no ciclo de grao superior de técnico en educación infantil. O concepto do desenvolvemento integral dos nenos e nenas como a sucesión de fitos evolutivos incorporados nun proceso madurativo individualizado: o concepto de temperamento. Análise das diferentes leis do desenvolvemento. De 16:00 a 19:00. Mesa Redoda. Expreirencias en centros: -Os máis pequenos tamén experimentan. Escola infantil municipal de Monte Alto. -A experiencia das Aulas de Potenciación do Galego en contextos castelan falantes. Consuelo Beiroa Fraga e José M. García Yáñez, CEIP Emilia Pardo Bazán. -A Ciencia na Educación Infantil. Sandra Otero Lemos, mestra en educación infantil e membro do grupo Ciencia Educación Infantil.
Metodoloxía que se vai empregar:
As persoas que van impartir os distintos obradoiros teñen unha ampla experiencia na comunicación oral, polo tanto van empregar unha metodoloxía baseada na súa práctica profesional, aínda que enmarcada nuns referentes teóricos.
Plano de avaliacion da actividade:
- Asistencia ao 85% das horas. - Seguimento do desenvolvemento da actividade. - Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscirción en www.as-pg.com, tendo preferencia os socios/as e afiliados/as da AS-PG e da Cig-Ensino.
Tipo e ámbito de difusión:
Envío de información a todos os centros de ensino tanto públicos como privados.
Importe da matrícula e tipos:
Normal : 31 €
Parados/as : 21 €
Socios/as da AS-PG : 11 €
Afiliados/as da Cig-Ensino : 11 €