Formación
Cursos 
VIII XORNADA DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL: SEXO E OBSCENIDADE NA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL
Imprimir
VIII XORNADA DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL: SEXO E OBSCENIDADE NA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 29/09/2015 até 22/10/2015(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 24/10/2015 até 24/10/2015.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Avda. Ramón Ferreiro, s/n, 27002 Lugo)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 76415434G 32787222D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
1.Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional. 2.Facilitar un foro de reflexión útil ao profesorado para comprender e transmitir os valores da nosa cultura. 3.Información sobre a presenza dos temas relacionados co sexo e, en xeral, coa materia considerada obscena na literatura popular galega de tradición oral. 4.Formas e xéneros, sexismo, usos e prexuízos sobre o obsceno na cultura popular galega. 5.A presenza do obsceno no folclore musical tradicional.
Contidos:
PROGRAMA 10.15 Recepción, entrega de material e inauguración 10.30-11.30 Conferencia: Sexo e obscenidade na canción popular galega Rubén Aramburu Contextos e modelos para expresar a sexualidade nas cantigas populares. 11.30-12.30 Conferencia: Na cona da vella non manda ninguén Olga Novo Sobre os arquetipos sexistas e a súa presenza explícita ou implícita nos xéneros literarios populares. 12.30-14.00 Mesa redonda: E dálle que dálle! O erotismo como sátira fronte á represión social Rubén Aramburo e Olga Novo. Coordina: Antonio Reigosa Oportunidade para que o público asistente poida facer preguntas, así como para o moderador pór en relación as dúas conferencias previas e así ampliar puntos que se consideren de especial interese. 16.00-17.00 Conferencia: A poética do noxo: excrementos e outras repugnancias na literatura oral galega J. Luis Garrosa A materia oculta. Sobre o que non se pode ou non se debe dicir e, sen embargo, se di. 17.00-18.00 Conferencia: Os contos eróticos galegos Xosé Miranda e Xoán Cuba Repaso aos tipos e motivos presentes nos contos eróticos da tradición oral galega. 18.00-19.30 Mesa redonda: Cuarta máis, cuarta menos! Escatoloxía, prexuízos e tabús J. Luis Garrosa, Xosé Miranda e Xoán Cuba. Coordina: Isidro Novo Oportunidade para que o público asistente poida facer preguntas, así como para o moderador pór en relación as dúas conferencias previas e así ampliar puntos que se consideren de especial interese. 19.30-20.30 Ti contabas as estrelas, eu as areas do chan Percorrido polo repertorio popular baseado en experiencias propias, cantigas, contos e romances Luís “O Caruncho”
Metodoloxía que se vai empregar:
Procurarase o intercambio de experiencias prácticas mediante unha metodoloxía participativa e de construción do coñecemento por parte do alumnado que será tamén flexible, individualizadora, activa, participativa e integradora.
Plano de avaliacion da actividade:
- Asistencia ao 85% das horas. - Seguimento do desenvolvemento da actividade. - Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.
Tipo e ámbito de difusión:
-Enviarase información aos socios-as da AS-PG, da AELG e aos centros de ensino de Galicia, públicos e privados. -Publicitarase na páxina web da AS-PG, da AELG e editaranse cartolinas e carteis co programa.
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €