Formación
Cursos 
Xornada de Literatura e Cinema. Unha literatura en imaxes
Imprimir
Xornada de Literatura e Cinema. Unha literatura en imaxes  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 10/11/2015 até 11/12/2015(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 28/11/2015 até 28/11/2015.
Horario: De 10 a 14h e de 16 a 20h.
Lugar de celebración: Centro Ágora (Lugar da Gramela 17 – A Coruña).
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 76415434G 32787222D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
• Achegar a vinculación histórica da literatura coa súa proxección a través da imaxe • Afondar nas relacións interdisciplinares das diferentes artes • Ofrecer pautas de metodoloxía didáctica interactiva a redor da experiencia poética • Experimentar novos soportes técnicos vinculados á lectura • Analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación.
Contidos:
9.30 Recepción, entrega de material e inauguración 10.00 – 12.00 Literamas, a literatura galega no cinema. Conferencia de Manolo González 12.00 – 13.00 A cicatriz branca. O corpo fala. Mesa redonda con Margarida Ledo Andión/Eva Veiga. 13.00 – 14.00 Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención. Obradoiro de Antía Otero 16.00 – 18.00 De palabra a píxel. Introdución a videopoesía. Obradoiro de Celia Parra 18.00 - 20.00 Ao redor do Proxecto Nimbos. Conferencia de Martin Pawley
Metodoloxía que se vai empregar:
Alternarase a intervención teórica das participantes coa proxección parcial de filmes e curtas vinculadas coa literatura galega. Promoverase o coloquio e a participación activa a través dos coloquios e dos obradoiros vinculados á creación da videopoesía.
Plano de avaliacion da actividade:
- Asistencia ao 85% das horas. - Seguimento do desenvolvemento da actividade. - Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.
Destinatarios:
Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal, tendo preferencia os socios-as da AS-PG e da AELG.
Tipo e ámbito de difusión:
Enviarase información aos socios-as da AS-PG, da AELG e aos centros de ensino de Galicia, públicos e privados.
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €