Formación
Cursos 
XXV XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA. MANUEL MARIA
Imprimir
XXV XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA. MANUEL MARIA  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 15/03/2016 até 07/04/2016(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 09/04/2016 até 09/04/2016.
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20
Lugar de celebración: Casa Museo Manuel María. Outeiro de Rei
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 33229383H 35310267T
Modalidade formativa: PRESENCIAL
Obxectivos previstos:
Coñecer a obra e vida de Manuel María aproveitando que este ano se lle adica o día das Letras Galegas Reflexionar sobre o papel que desempeña a obra do autor na literatura galega Ofrecer material ao profesorado asistente para que poida traballar o autor na aula Coñecer a entorna coa que tivo contacto Manuel María, nomeadamente a casa de
Contidos:
Conferencia: A poesía de Manuel María: o País e tamén unha viaxe cara a dentro Visita guiada á Cas-museo Manuel María Exposición de recursos didácticos tanto de primaria como de secundaria sobre Manuel María Percorrido guiado pola contorna de Outeiro de Rei-Lagoa de Cospeito relacionada coa obra literaria do autor Actuación : “A maxia de Manuel María”, Martín Camiña (ilusionista).
Metodoloxía que se vai empregar:
Alén da exposición teórica da conferencia, as Xornadas serán prácticas na medida en que se recorrerán espazos físicamente. Explicarase o material didáctico elaborado sobreo autor e mostrarase tamén o da páxina web da Casa-museo ademais de facilitar referencias bibliográficas e transmitir experiencias levadas a cabo en distintos centros sobre a obra de Manuel María. Como colofón asistirare ao espectáculo de Martín Camiña: A maxia de Manuel María
Plano de avaliacion da actividade:
Recollerase, una vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos: -cumprimento dos obxectivos da actividade. -Metodoloxía empregada na actividade. -Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados
Destinatarios:
Profesorado de ensino non universitario galego
Criterios de selección:
Por orde de inscrición dando prioridade ás persoas socias da AS-PG e á afiliación da CIG-Ensino
Tipo e ámbito de difusión:
A través de correos electrónicos e de cartaces enviados aos centros de ensino
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €