Formación
Cursos 
XIV XORNADAS DA MULLER: Previr a violencia machista desde a educación
Imprimir
XIV XORNADAS DA MULLER: Previr a violencia machista desde a educación  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 14/02/2017 até 18/03/2017(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 11/03/2017 até 11/03/2017.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar de celebración: IES AS FONTIÑAS. SANTIAGO
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 32792466D 33230641B
Modalidade formativa: XORNADAS
Obxectivos previstos:

- Proporcionar ao profesorado técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas. - Transmitir ao profesorado a importancia de educar en igualdade para superar inxustizas xeradas por razóns de xénero. - Analizar o papel decisivo da escola como espazo socializador que trasmita valores non sexistas

Contidos:

9:45-10:00 h. Recepción e entrega de material

10:00-11:00 h. A defensa colectiva da coeducación como proxecto social. Ana Iglesias Galdo, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, docente  de Xénero e Políticas de Igualdade da UDC.

11:00-12:15 h. “Libres? Equilibradxs? Equilibristas...? A coeducación das emocións”. Aixa Permuy Martínez, educadora e pedagoga, especialista en educación das emocións.

12:15-14:00 h. Combater relacións tóxicas: previr a violencia de xénero na adolescencia". Carmen Ruíz Repullo, Doutora en Socioloxía, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades pola Universidade de Granada.

16:00-17:30 h. A LGBTIfobia é un tipo de violencia machista: como previla nos centros. Kika Fumero, Profesora de Secundaria, acreditada como Coordinadora de Igualdade pola Consejería de Educación de Canarias.

17:30-19:00 h. O Plan de Igualdade no centro educativo, instrumento básico para coeducar. Marián Moreno Llaneza, asesora e formadora en temas de coeducación, profesora de secundaria.

19:00 – 20:00 h Presentación do libro Escuelas libres de violencias machistas, de Marián Moreno Llaneza, Kika Fumero e Carmen Ruíz Repullo, fundadoras da Asociación Observatorio Coeducativo-Lgbti.

Ás 20:00 Clausura

Metodoloxía que se vai empregar:

As persoas que van impartir os distintos obradoiros teñen ampla experiencia profesional, baseando as súas intervencións na comunicación oral, na súa práctica e na interrelación co público asistente. Utilizando ao mesmo tempo distintos medios técnicos de apoio que redunden na calidade e claridade da exposición.

Plano de avaliacion da actividade:

- Asistencia ao 85% das horas. - Seguimento do desenvolvemento da actividade. - Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal , tendo preferencia os socios/as da AS-PG e afiliados/as á CIG-Ensino

Tipo e ámbito de difusión:

- Enviarase información aos socios/as da AS-PG, afiliación da CIG-Ensino e aos centros de ensino.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €