Formación
Cursos 
XXI XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Imprimir
XXI XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 20/03/2018 até 11/04/2018(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 14/04/2018 até 14/04/2018.
Horario: De 10 a 14h e de 16 a 20h.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32791362D 32792466D
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:

 Nestas Xornadas pretendemos aportar propostas de traballo anovadoras en diferentes áreas con carácter eminentemente práctico que axuden ao profesorado no seu traballo diario nas aulas.

Outro dos obxectivos é o intercambio de experiencias entre o profesorado que enriquecen o seu traballo diario.

 

Contidos:

PROGRAMA
De  09:45 a 10 h: Recepción e entrega de material
De 10-12h: Cantos, bailes e xogos musicais tradicionais na escola, Luís Prego, mestre de canto e baile tradicional e autor dos libros Para cantar e bailar e Xogos musicais.
Este obradoiro  achegará cantigas, xogos de dedos, recitados, bailes e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas de 0 a 6 anos na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos. Pretende dotar tanto ao profesorado como a nais e pais de recursos en lingua galega adaptados a idades temperás.
12-14h: Espazos de aprendizaxe esquecidos (as veces),  Escola Infantil de Tui.
Espazos que propician o recoñecemento dun mesmo e  dos demais: un lugar de relacións. Onde o acompañamento do adulto constitúe o camiño do desenvolvemento cara unha identidade e autoestima positiva. Espazos habitables que forman parte da mirada da escola cara a infancia.
16-18h: Matemáticas divertidas, matemáticas inclusivas.  Ana Pérez Rico. Mestra de primaria no Ceip San Xoán de Filgueira. Especialista de P.T.
O método ABN. Da xustificación teórica á práctica educativa. O ABN en E.I.
18-20h: Contar para medrar, Vero Rilo, contadora e ensinante.
Somos un país que medrou contando.
Somos un país que existiu contando.
E somos un país cuxa lingua sobreviviu a través da fala.
E porque todas contamos,
todas podemos chegar a contar artisticamente…
20h. Clausura

Plano de avaliacion da actividade:

-Asistencia ao 85% das horas.
-Seguimento do desenvolvemento da actividade.
-Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €