Formación
Cursos 
XXVII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA
Imprimir
XXVII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 20/03/2018 até 11/04/2018(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 14/04/2018 até 14/04/2018.
Horario: De 10 a 14h e de 16 a 20h.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Modalidade formativa: Xornadas
Contidos:

 9:45h:Entrega de material e inauguración


10:00hConferencia. Unha perspectiva artística para renovar as aulas de lingua e literatura. ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL, profesora de lingua e literatura e escritora


11:00h. Presentación de “O diario galego”
 Xoán Costa,  Presidente do Consello de administración  de Sermos Galiza.

 

11:30h.  DEBATE. O papel das/dos docentes de lingua galega no proceso de normalización lingüística.
Leonardo (Leo) Fernández Campos. Profesor de lingua e literatura galegas no
Valentina Formoso Gosende. Profesora de lingua e literatura galegas no IES Félix Muriel
Pilar García Negro. Profesora USC e escritora.
Mercedes Queixas Zas. Profesora de lingua e literatura galegas no CPI  Alcalde Xosé Pichel.


16:00h
APPS e ferramentas on line gratuítas útiles para a materia de lingua e literatura galegas. XAIME VARELA, profesor de lingua e literatura galegas no IES Xelmirez II

 

COMENTARIO DE TEXTO FILOLÓXICO DUN TEXTO MEDIEVAL. XOÁN LÓPEZ VIÑAS, profesor da Área de Galego-Portugués da Universidade da Coruña


17:00h

A poesía, espazo para a muller.  Proposta de textos poéticos cos que traballar contra a violencia de xénero, a invisibilidade e o teito de cristal. MARTA DACOSTA ALONSO, escritora e profesora de lingua a literatura galega

 

Programacións didácticas para lingua e literatura galegas. PILAR PONTE PATIÑO, profesora de lingua e literatura galegas no IES da Pobra

 

18:00h
María Victoria  Moreno. Unha mestra feliz de selo. ELI RÍOS, escritora


A expresión oral e o traballo en equipo. Creación de enigmas a partir de historias.
ANTONIO MANUEL FRAGA, escritor e ANTÍA MARANTE, profesora

 

19:00H. Pilar pallarés. A autora fala da súa obra.

Plano de avaliacion da actividade:

Para a obtención do certificado será necesario acreditar unha asistencia de, cando menos, o 85% da totalidade da actividade.

Destinatarios:

Profesorado de ensino non universitario e futuros ensinantes.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as persoas afiliadas á CIG-Ensino e as asociadas á AS-PG

Importe da matrícula e tipos:
Gratuito : 0 €