Podcast
O podcasting consiste na creación de arquivos de son e vídeo e na súa distribución mediante un arquivo RSS que permite subscribirse usando un programa que periodicamente comprobará se hai dispoñíbeis novos arquivos

¿Que é un podcast?


O podcasting consiste na creación de arquivos de son e vídeo e na súa distribución mediante un arquivo RSS que permite subscribirse usando un programa que periodicamente comprobará se hai dispoñíbeis novos arquivos. Nese caso descárgaos para que o usuario os poida escoitar e ver en calquera momento. As principais vantaxes que aporta o podcasting son a posibilidade de que un programa ou servizo web lembre cada certo tempo comprobar se hai arquivos novos para descargar, xunto coa liberdade de reproducir os arquivos en calquera lugar, sen necesidade de conexión á rede, e en calquera momento. Os usuarios de Itunes dispoñen en cada canle dun enlace que directamente engade a este programa a súa subscrición á canle. Os usuarios de calquera outro programa deberán utilizar a url que se proporciona para cada canle. Unha vez realizada a subscrición, mediante a configuración do programa, indicaremos cada canto se comprobará a existencia de novos arquivos e a onde serán descargados
Os arquivos pódense escoitar ou ver na propia páxina pero se decidiu subscribirse a unha canle unha vez os arquivos foron descargados polo programa que estea a utilizar poderá reproducilos no seu ordenador, copialos a un CD ou transferilos a un reprodutor portátil.

Tipos de podcast

O Autocast é un podcast xerado a partir da conversión, de maneira automatica, dun texto escrito nun audio. Faise coa axuda dun programa de conversión de texto en audio
O Blogcast é un podcast con texto escrito asociado, que pode ser indexado por buscadores para o converter en localizable.
O Vcast, tamén chamado vidcast ou video podcast, é un podcast composto por imaxe e son.

Directorios de Podcast

Para atopar os podcast que interesan existen os chamados directorios de podcasts onde podes buscar por distintas categorías.

Directorios Galegos

En portugués

En castellano

 
[Imprimir]