Inicio 
Procura avanzada | Axuda

Literatura

Ordenar por: Data | Título
Universo Cantigas concíbese como unha empresa global que porá ao dispor do público, en sucesivas fases, todas as cantigas dos trobadores, con todas as posibilidades que ofrece o traballo na rede: actualización constante, ausencia de límites de espazo, posibilidade de crecemento e expansión con novos elementos e capacidade de enlace a diversos materiais perieditoriais de evidente valor para a interpretación dos textos.
CROLIGA é unha cronoloxía da literatura galega que pretende proporcionar información contrastada sobre os autores e obras do período inicialmente seleccionado (1801-1900).

A información incluída comprende os autores e as autoras de obra literaria (co seu nome/s completo/s, datas de nacemento e morte), as súas obras publicadas en volume (coa referencia editorial completa: título, ano e lugar de publicación, editorial o imprenta) e o xénero literario a que pertencen. Na fase final do traballo incorporamos tamén unha selección de obras editadas en publicacións periódicas.
Este espazo está pensado pola Aelg como unha ferramenta de traballo e de coñecemento ao redor da obra dos nosos escritores/as. Pretende ser, pois, unha xanela aberta á divulgación de contidos pedagóxicos en lingua galega enfocados ás diferentes etapas educativas (primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato), sen esquecer aquel alumnado con necesidades educativas específicas.
A colaboración dos profesionais do ensino resultou indispensábel á hora da elaboración e deseño das diferentes unidades didácticas que este espazo virtual ofrece ao sector da docencia, docentes e discentes, mais tamén accesíbel ao conxunto da sociedade.
Cuestionario sobre a obra "cartas de inverno" de A.Fernández Paz, obra xuvenil que desperta interese en xeral entre os adolescentes.
Lingua e sociedade, literatura musicada, recursos para a aula, presentacións, música galega e máis é o que ofrece esta completa páxina.
Neste portal podes atopar as recomendacións das propostas literarias galegas máis actuais, con reseñas actualizadas, así como información ao día sobre literatura e autores. Tamén se dan referencias sobre certames, tertulias literarias ás que podes acudir ou eventos semanais relacionados coa literatura galega.
Nesta páxina podemos atopar información actualizada sobre banda deseñada galega, pórnos ao día das últimas tendencias, coñecer autores e ademais atoparemos interesantes maneiras de tratar o tema da bd na aula no apartado de propostas pedagóxicas "Bdagoxía".
Ordenar por: Data | Título
Unha maneira de facer Europa