Inicio 
Procura avanzada | Axuda

Filosofía

Ordenar por: Data | Título
A Aula Castelao de Filosofía formouse no curso académico 1981-1982 a partir dun colectivo de profesionais de diferentes ámbitos do saber. Os obxectivos da Aula Castelao, tomando a Filosofía nas súas dimensións crítica e transformadora, son:

- A renovación temática e metodolóxica no campo da Filosofía, prestando especial atención ao profesorado de ensino medio.
- A normalización da nosa lingua, principalmente no ensino.
A aula Castelao aparece no curso 1981-1982 por necesidades sociais e personais duna morea de persoas que querían superar, e non anular, as contradiccións nacidas do feito de ter que vivir no seo duna sociedade concreta, a sociedade galega, que ten uns problemas concretos o do feito correlativo de querer entender mellor os problemas anteriores. Diante duna realidade ferinte, como é a anterior, dúas son as saídas, como xa se insinou, pasar delas, é dicir, tomar o camiño do que está de volta, do que fracasou ou non se plantexa os problemas, ou tentar superar, dende a limitación do noso campo a mesma. Nós tomamolo segundo.E certo que temos dúbidas, é certo que lle vemos saídas, saídas que só se poden desbotar tras comprobar a súa inutilidade. A renuncia a loita era para nós, e segue a ser, a vivencia do fracaso, a renuncia a vida e a vivencia do inferno.
Portais, dicionarios, buscadores, revistas e máis nesta completa web sobre filosofía
Apuntamentos, modelos de exame, textos para comentar, glosarios e máis nesta páxina sobre filosofía.
Autores, cronoloxías, foros ou lóxica é o que se pode atopar nesta completa web sobre filosofía
Ordenar por: Data | Título
Unha maneira de facer Europa