Historia
Ordenar por: Data | Título
Páxina sobre historia onde se poden ver apuntamentos, power points, charlas on line, reportaxes, discursos históricos e secuencias de películas históricas.
Información sobre historia organizada por temas e materias pensada para a ESO e o bacharelato. Contén mapas, exercicios, comentarios, textos e un espazo con apuntamentos en inglés.
A nosa historia contada en galego, de xeito ameno, con fotografías, e cunha interesante bibografía para ampliar.
Selección de imaxes do franquismo que percorren a politica, a economia, a sociedade e a vida cotiá durante o franquismo.
Proposta de traballo con textos desde unha perspectiva histórica utilizando materiais diferentes, creando material propio...
Proxecto de investigación que vira ao redor da pescuda dos nomes, das voces e dos lugares da represión. Nesta liña, e desde o rigor da disciplina histórica, preténdese cubrir os baleiros existentes sobre o período de estudo. En primeiro lugar, poñer ao servizo da sociedade galega os nomes das vítimas do franquismo, a través dunha base de datos específica que recolla os principais datos de cada persoa. Ao tempo, recoller as voces dos que pasaron polo cárcere, o exilio ou estiveron agochados, así como as lembranzas dos seus familiares máis achegados. E por último, botar luz sobre os lugares da represión, as "cunetas", os cemiterios, as corredoiras ou os montes, onde os represaliados e represaliadas foron asasinados ou foron vexados.
Ordenar por: Data | Título