Formación
Cursos 
XXXI Xornadas de Lingua e Literatura
Imprimir
XXXI Xornadas de Lingua e Literatura  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 21/03/2022 até 21/04/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 23/04/2022 até 23/04/2022.
Horario: De 9:45 h a 14:00 h e das 16:00 h ás 20:00 h
Lugar de celebración: IES As Fontiñas. Rúa Estocolmo, núm. 5 - Santiago de Compostela
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 35310267T
Modalidade formativa: Xornada presencial
Obxectivos previstos:

-Achegar información sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán. 

 

-Reflexionar sobre a situación actual da narrativa galega escrita por mulleres a través dun coloquio entre representantes da mesma. 

 

-Coñecer e poñer en valor a obra dun autor consolidado nas nosas letras a través do relato sobre a súa obra do propio autor. 

 

Contidos:

 

MAÑÁ

9:45 h Recepción e entrega de material

10:00h -11:30h Compentencia en galego. Análise do presente e perspectivas de futuro. VALENTINA FORMOSO GOSENDE, profesora de lingua e literatura galega e portugués. Modera: SUSO BERMELLO, Secretario de nacional da CIG-Ensino.

11:30 h-12:30 h CONFERENCIA.: Florencio Delgado Gurriarán, poeta e galeguista no exilio. MIRO VILLAR, docente e escritor.

12:30 h -14:00 h COLOQUIO: A narrativa galega actual escrita por mulleres desde a perspectiva das escritoras: MARILAR ALEIXANDRE e MARÍA REIMÓNDEZ. Modera: MAR ÁLVAREZ RAMA, xornalista.

TARDE

16:00 h

1. Daniel Asorey. O autor fala da súa obra.

2. Directrices para comentario de texto filolóxico. XOÁN LÓPEZ VIÑAS, profesor da Área de Galego-Portugués da Universidade da Coruña.

17:00 h

1. A eclosión da lingua galega en Instagram. RUBÉN NEIRA, mestre de primaria.

2. Directrices para comentario de texto lingüístico. XOÁN LÓPEZ VIÑAS, profesor da Área de Galego-Portugués da Universidade da Coruña.

18:00 h

1. Unha achega didáctica a Luz Pozo Garza no seu centenario: faceta poética, editorial e ensaística. CRISTINA NEGREIRA BARCIA, profesora de lingua e literatura.

 

2. Directrices para comentario de texto literario. XOÁN LÓPEZ VIÑAS, profesor da Área de Galego-Portugués da Universidade da Coruña.

 

 

19:00 h

Teatro”. A obra teatral completa de MANUEL LOURENZO presentada polo propio autor, acompañado por XOSÉ MANUEL CARRIL, presidente de Galiza Cultura.

Criterios de selección:

Orde de inscrición. 

Asistencia ao 85% das horas. 

Seguimento do desenvolvemento da actividade. 

Entregarase unha entrevista que será cuberta polas persoas asistentes. 

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €