Paseos pedagóxicos de Vigo 2022
(32 Horas)
|
Matrícula:
Desde
20/06/2022
até
07/09/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
Calendario:
Desde
08/09/2022
até
24/09/2022.
Días: 8, 10, 15, 17, 24 de setembro
|
Horario:
Sábados 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. xoves de 16:30 a 20:30 h.
|
Lugar de celebración:
Oia, Gondomar, Maceda, O Carballiño, Montederramo, Vilar de Barrio e Parada do Sil.
|
Número de prazas:
30
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
30%
|
Modalidade formativa:
Presencial
|
Obxectivos previstos:
O obxectivo deste curso é duplo.
Por unha banda, quérese nel amosar a orixe dos elementos xeomorfolóxicos maiores de Galiza (superficies de erosión, depresións, ríos encaixados, macizos montañosos); quedan exceptuadas as rías, que serán obxecto dun cursiño específico nunha cuarta parte desta serie de “Orixes”.
Por outra banda, quérese facer un xeito de “proba de concepto” do de Paisaxes Históricas, como elemento de valorización e comprensión. Aplicarase a tres tipos característicos delas (mato cultural de toxo, souto de castiñeiros mansos e socalcos de videira). Asemade, poñeranse en relación co seu marco xeolóxico.
Analizarase tamén, neste cursiño, a interrelación entre as xéneses das xeoformas e das paisaxes históricas.
|
Contidos:
- A paisaxe histórica: mato cultural de toxo, souto de castiñeiros mansos, socalcos de videira.
- A xénese das xeoformas e a súa interrelación coas paisaxes históricas.
|
Metodoloxía que se vai empregar:
As actividades estarán centradas en 5 percorridos pedestres, no transcurso dos que se consideraran e analizarán panoramas, escenas, procesos e espécimes significativos verbo da temática susodita, cousa que se fará mediante explicacións verbais complementadas con grafismos de uso individual.
Para consolidar o coñecemento adquirido nos paseos, se lles fornecerá ás persoas asistentes un texto en soporte celulósico específico para cada percorrido con información ampliada do tratado neles. Ademais, en soporte dixital recibirán unha bibliografía avanzada sobre eses mesmos temas, e un “álbum” de fotografías e debuxos, con comentarios específicos, que permitirán unha mellor intelixencia da que fornece a observación natural de campo
|
Plano de avaliacion da actividade:
- Cumprimento dos obxectivos da actividade.
- Metodoloxía empregada na actividade.
- Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados.
|
Destinatarios:
Profesorado galego non universitario
|
Criterios de selección:
En primeiro lugar as persoas socias da AS-PG ou afiliadas da CIG, en segundo as que non o sexan. En ambos casos, á súa vez por orde de inscrición.
|
Tipo e ámbito de difusión:
Correos electrónicos, carteis, redes sociais.
|
Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 55
Parado : 65
Xeral : 105
|