Formación
Cursos 
ORIENTACIÓN PARA A FASE DE PRÁCTICAS. ELABORACIÓN DE MEMORIA. A MARIÑA
Imprimir
ORIENTACIÓN PARA A FASE DE PRÁCTICAS. ELABORACIÓN DE MEMORIA. A MARIÑA  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 20/06/2022 até 28/09/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 01/10/2022 até 01/10/2022.
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20h
Lugar de celebración: CIG-Ensino Burela, Avda. Arcadio Pardiñas 137, 2º dta. 27880 Burela. Docente: Paula Ferreiro Pena
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Modalidade formativa: Xornada.
Obxectivos previstos:

• Proporcionar información sobre os aspectos  formais do traballo do profesorado en prácticas: elaboración de memoria da fase de prácticas.

• Coñecer os sistemas de xestión da carreira profesional docente e de organización do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

• Proporcionar información para a formación e innovación como elementos básicos do desenvolvemento profesional docente

 

Contidos:

• O funcionariado. Dereitos e deberes.

• Funcionariado en prácticas: memoria final.

• Revisión de lexislación sobre aspectos de interese: licenzas baixas, concurso de traslados, concurso de adxudicación de destinos provisionais, solicitude de comisións de concilia, solicitude de comisións de saúde, solicitude de licenzas por formación, licenzas de asesorías para a Consellería, prazas sometidas a convenio,  permutas, accidentes no traballo, horario do profesorado, salarios etc.

 

Observacións:

Docente: Paula Ferreiro Pena

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €