Formación
Cursos 
II Xornadas de historia. A nosa historia facémola nós.
Imprimir
II Xornadas de historia. A nosa historia facémola nós.  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 20/06/2022 até 21/10/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 22/10/2022 até 22/10/2022.
Horario: Sábado, de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
Lugar de celebración: Santiago de Compostela. IES As Fontiñas
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 35310267T
Modalidade formativa: Xornada presencial
Obxectivos previstos:

--Proporcionar información distintos aspectos da historia de Galiza.

-Analizar con maior concreción períodos históricos períodos decisivos para a historia galega.

-Coñecer e intercambiar distintas propostas didácticas e experiencias aplicables nas aulas.

-Empregar as TIC para o ensino da historia.

Contidos:

MAÑÁ 9:45 h. Entrega de material e inauguración.

CONFERENCIAS

10:00 h. A represión do profesorado galego durante o franquismo. NARCISO DE GABRIEL, catedrático de Universidade de Teoría e Historia da Educación.

11:30 h. A historia recobrada. Represión e resistencia (1936-1950). XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO, mestre e licenciado en Historia.

12:45 h. A represión contra as mulleres tras o golpe de Estado do 36. MONTSE FAJARDO PÉREZ, xornalista e escritora.

TARDE

16:00 h. Proxección da curtametraxe “Dores”. Coloquio coas súas autoras. CORAL PIÑEIRO, LAURA PIÑEIRO e MAITE MARTÍNEZ, guiado por Roque Sanfiz Arias, da Revista Mazarelos.

 

17:30 h. O Pazo de Meirás como ferramenta didáctica. MANUEL PÉREZ LORENZO. Historiador, coautor de Meirás.

 

18:45 h. Literatura galega e franquismo. Guerra Civil na literatura galega: o trauma, a memoria e recreación. MANUEL GAGO. 

Metodoloxía que se vai empregar:

As Xornadas constarán dunha parte máis teórica con conferencias e outra máis práctica con mesas redondas que permitan o intercambio de opinións entre o profesorado asistente e tamén con experiencias e propostas didácticas que faciliten a achega de materiais didácticos.

Plano de avaliacion da actividade:

A través dunha enquisa que se lle facilitará ao profesorado asistente.

Destinatarios:

Profesorado galego non universitario

Criterios de selección:

En primeiro lugar, persoas socias da AS-PG ou afiliadas á CIG-Ensino e en segundo lugar, as restantes. En ambos, á súa vez, por orde de inscrición.

Tipo e ámbito de difusión:

Correos electrónicos, carteis e redes sociais.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €