Formación
Cursos 
II XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Imprimir
II XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 21/12/2021 até 21/01/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 22/01/2022 até 22/01/2022.
Horario: De 9:45 a 14h e de 16 a 20h
Lugar de celebración: IES Elviña, Rúa San José de Calasanz, 6, 15008 A Coruña
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D
Modalidade formativa: Xornada
Contidos:

PROGRAMA
10:00h Conferencia. A importancia biolóxica da diversidade,  Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto en xenética. Membro da Real Academia Galega de Ciencias.

12:00h O novo marco normativo da atención á diversidade. A oportunidade perdida da administración galega a facer fronte a un sistema educativo diverso. Elena Añel Cabanelas,  Doutora en Psicopedagoxía,  docente de Orientación Educativa e de PT E AL, secretaria comarcal da CIG-Ensino.


13:00h Diversidade e lingua. O galego: unha oportunidade, Manuel Núñez Singala, escritor, filólogo, dirixe o Servizo de normalización lingüística da USC.


Tarde: Exposición de experiencias de atención á diversidade levadas a cabo en centros galegos .


16:00h IES Sanxenxo en inclusión. Estratexias e recursos para a coordinación en inclusión na organización dun centro de educación secundaria obrigatoria público, Alba Fuentes Sánchez , Coordinadora Edixgal e e profesora de Tecnoloxía


17:15h  Ferramentas dixitais e atención á diversidade, Juan Fernández e Felo Couto  asociación TadeGA.

18:30h Apoiando o alumnado no espectro do autismo: estratexias para a inclusión educativa. Adriana Pomares Aragunde, Psicóloga. Directora Técnica da Área Infanto-Xuvenil de BATA

Criterios de selección:

Asistencia ao 85% das horas.
Seguimento do desenvolvemento da actividade.
Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 16 €
Parado : 24 €
Xeral : 32 €