Formación
Cursos 
XXIV XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Imprimir
XXIV XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 28/01/2022 até 17/02/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 19/02/2022 até 19/02/2022.
Horario: De 9:45 a 14h e de 16 a 20h
Lugar de celebración: IES AS FONTIÑAS (r/ Estocolmo 5. Santiago)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D
Modalidade formativa: Xornada
Contidos:

PROGRAMA

9.45h. Recepción e entrega de material

10-12h A educación ambiental no s. XXI. Victoria Formoso-Freire, bióloga, e Silvia Iglesias, mestra de E.P. Divulgadoras científicas.
 
12-14h Artellando. Secuencias didácticas do Obradoiro de Arte Visual e Plástica de E.I. da Ramallosa, Teo, Marisa Álvarez Garea, mestra de E.I.
 

16-17.30h  Aquí e agora. Ioga en Educación infantil. Verónica Túñez, profesora de ioga e docente de Secundaria.
 
17.30-18.30h  Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades diferentes, Jorge García Martín, profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago
 
18.30-20h O teatro: unha ferramenta para mellorar a comunicación na aula de E.I. Silvia Casal. Mestra de teatro na Escola de Teatro de Narón

20:00h Clausura

Plano de avaliacion da actividade:

Asistencia ao 85% das horas.
Seguimento do desenvolvemento da actividade.
Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 16 €
Parado : 24 €
Xeral : 32 €