Formación
Cursos 
Itinerario solto da Semana de educación de Pontevedra
Imprimir
Itinerario solto da Semana de educación de Pontevedra  (4 Horas)
Matrícula:  Desde 20/06/2022 até 28/09/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 21/09/2022 até 24/09/2022.
Horario: Días 21, 22 e 23 de 16:30 a 20:30h, día 24 de 10 a 14 e de 16 a 20h.
Lugar de celebración: Pontevedra, Moaña, Santiago e Viana do Castelo (Portugal)
Número de prazas: 40
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 33306517X
Modalidade formativa: Presencial
Obxectivos previstos:

Adquirir ferramentas de traballo partindo das posibilidades que nos ofrece o medio.

Sensibilizar ao profesorado da importancia do medio ambiente.

Coñecer distintas contornas da comarca e descubrir  a súa aplicación na aula.

Contidos:

CUARTA FEIRA, 21 DE SETEMBRO. Pazo da Cultura, Pontevedra.

16:30h – 17;30h Presentación do libro:      

    Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)

17:30h CALADIÑOS E QUIETIÑOS!!: Roteiro didáctico sobre a represión e a resistencia na dictadura en Pontevedra.

Por Xosé Álvarez Castro, mestre, licenciado en historia, premio Día da Galiza Martir da Fundación Alexandre Bóveda; autor de numerosos estudos  e libros sobre a represión así como do Blog Pontevedra nos anos do medo.

Despois do golpe militar do 1936,  comezou un proceso de represión brutal contra aqueles que consideraban “perigoso para o rexime”. Isto tivo unha especial repercusión no mundo do ensino.

Pontevedra non foi unha excepción. Aquí tamén houbo torturas, asasinatos, desaparicións, extorsións… por parte do bando gañador. Faremos un percorrido por lugares significados da cidade de Pontevedra.

.

 

Remate ás 20:30h

 

 

 

QUINTA  FEIRA, 22 DE SETEMBRO. MOAÑA

16:30h  Saída do aparcadoiro do Pazo da Cultura en autobús

ROTA LITERARIA:  O último barco. Seguindo os pasos de Caldas e Estevez.

Por Óscar Rodríguez e Liliana Cancela. Guías da asociación a illa dos ratos.

A desaparición de Mónica Andrade leva ao inspector de policía Leo Caldas e máis o seu axudante Estévez á costa de Tirán para intentar descubrir o paradoiro da rapaza. Na súa busca percorren diferentes localizacións desta vila, recompilando pistas que os axudarán a resolver o caso.

Nesta ruta literaria coñeceremos algúns dos lugares nos que transcorre a trama do libro. Partiremos da estación marítima de Moaña, pasaremos pola histórica igrexa de San Xoan de Tirán e chegaremos ata o curioso miradoiro da Mona, seguindo os pasos de Caldas e Estévez na súa investigación, e coñeceremos máis detalles sobre eses lugares reais nos que está baseada esta historia de ficción do escritor Domingo Villar.

NOTA: Para participar nesta rota é imprescindíbel ter lido o libro “o último barco”

Chegada ás 20:30h

 

 

 

SEXTA  FEIRA, 23 DE SETEMBRO. Santiago de Compostela.

16:30h  Saída do aparcadoiro do Pazo da Cultura en autobús

CAL SERÍA O PRIMEIRO REINO DA EUROPA OCCIDENTAL?: O panteón real da Catedral de Santiago.

Por Anselmo López Carreira Doutor en historia pola USC, catedrático de historia de ensino secundario. Autor dunha ampla bibliografía de investigación arredor da historia medieval de Galiza. Foi premio Antón lousada Dieguez 2021.

Entre 1157 e 1230 decorren os reinados de Fernando II e Afonso VIII, que ostentaban os títulos de “reis de Galiza e León”. Son dous monarcas -ademais da raíña Berenguela, o conde Raimundo de Borgoña, Pedro Froilaz e Joana de Castro- que están enterrados no Panteón Real da Catedral de Santiago, malia que os letreiros das súas tumbas os definan como “reis de León” e a Afonso VIII o numeren como “Afonso IX” coa intención de incluílo nunha ficticia nómina conxunta de reis de Castela e León.

O PÓRTICO DA GLORIA. A OBRA DO MESTRE MATEO

O Pórtico da Gloria é a entrada occidental da catedral románica. Ideada polo xenio do Mestre Mateo, está considerado unha obra cume da arte universal. A figura do Mestre Mateo está asociada de maneira exclusiva á catedral de Santiago de Compostela, meta de miles de peregrinos. A construción comezara en 1075 e non finalizaría ata 1211.

Chegada ás 20:30h

 

 

 

 

 

SÁBADO, 24 DE SETEMBRO

9:30h  Saída do aparcadoiro do Pazo da Cultura en autobús

DE ROMANOS, VISIGODOS, GALEGOS E PORTUGUESES

-       Por Iria Aboi Ferradás, profesora de ensino secundario licendiada en fililoxía galega e filoloxía inglesa

Por F. Xabier Rodríguez Paz, Profesor de ensino secundario, mestre e licenciado en historia.

 

A raia seca que nos separa/une a Portugal agacha tesouros da nosa historia antiga e contemporánea. Faremos un percorrido pola nosa historia: dende o campamento romano de Aquis Querquernis, a igrexa visigoda de Bande  a xoia do barroco da Igrexa de Santa Maria a Real de Entrimo até o  actual asolagamento de aldeas polos encoros por acordos entre dictadores. Do outro lado da raia visitaremos a vila portuguesa de Castro Leboreiro en pleno Gêres co seu Castelo do século X que ten a orixe nun antigo castro.

 

Xantar en Castro Leboreiro. (Portugal)

 

Chegada ás 20:30h

Destinatarios:

Profesorado galego de ensino non universitario.

Criterios de selección:

En primeiro lugar persoas socias da AS-PG ou afiliadas á CIG. En segundo lugar, á súa vez, por orde de inscrición.

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 20 €
Parado : 30 €
Xeral : 50 €