Formación
Cursos 
XXXII Semana da Educación de Pontevedra
Imprimir
XXXII Semana da Educación de Pontevedra  (20 Horas)
Matrícula:  Desde 18/06/2020 até 20/09/2020(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 21/09/2020 até 25/09/2020.
Horario: Segunda, terza e sexta feira de 16:30h A 20:30h Cuarta e quinta feira de 16:00h A 20:00h
Lugar de celebración: Pontevedra e arredores
Número de prazas: 55
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 33306517X
Modalidade formativa: Curso
Obxectivos previstos:

Adquirir ferramentas de traballo partindo das posibilidades que nos ofrece o medio.

Sensibilizar ao profesorado da importancia do medio ambiente.

Coñecer distintas contornas da comarca e descubrir a súa aplicación na aula.

 

 

Contidos:

 
SEGUNDA FEIRA 21 DE SETEMBRO


16:30h Saída do aparcadoiro do Pazo da Cultura en autobús

 Rapaz, canto queres pola pedra? Cando os nazis furaban o país. A mina de Wolframio de S Finx
Por Maite Sobradelo Creo, xeógrafa, responsabel do Museo Minas de S Finx

 No Concello de Lousame atópase a mina de S Finx. Unha explotación mineira de Wolframio e estaño que agora queren reabrir. Coñeceremos a súa historia.

Na década dos 40, en plena guerra mundial, Galiza foi estratéxica pola producción de wolframio para as armas de guerra do exercito nazi e situouse no centro da espionaxe alemá e aliada. Na miseria na que estaba o país, as comarcas con minas de wolfram viviron a febre mineira, e a vida dos veciños cambiou radicalmente.

 Aproveitaremos para coñecer a pegada medioambiental da minaría e o seu impacto no medio.
Chegada ás 20:30h

 TERZA FEIRA 22 DE SETEMBRO

 16:30h Saída do aparcadoiro do Pazo da Cultura en autobús

Naturnova, Centro interactivo de Educación Ambiental

 O percorrido comeza cunha visión do Universo, a nosa galaxia e o sistema solar para , a través de módulos interactivos introducirnos, a continuación, no noso planeta. Del coñeceremos todos os elementos que condicionan a vida (o solo, a auga, o aire…) e tamén aos seres vivos cos que compartimos o noso espazo. Finaliza coa relación do ser humano co medio: como utiliza os recursos, como afecta á contorna ao usalos, e como, actualmente, trata de solucionar os problemas que ten creado.

 Fundación Laxeiro

Por Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro.

A Fundación Laxeiro foi constituída en Vigo en 1999 para custodiar, conservar e difundir a colección que o pintor Xosé Otero Abeledo, Laxeiro (1908-1996) doou á cidade de Vigo. Formada por sesenta e catro obras, moitas delas auténticas xoias da arte galega do século XX A colección permanente posibilita un completo percorrido pola traxectoria profesional de Laxeiro, quen é unha das figuras máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega.

 Chegada ás 20:30h

 CUARTA FEIRA 23 DE SETEMBRO

 16:00h Saída do aparcadoiro do Pazo da Cultura en autobús

 Muiños do Folón e do Picón

 Por Isaac González González, Presidente da Comunidade de Montes do Rosal

 Os muiños do Folon e Picón, son un conxunto de 67 muiños construídos en fervenza, aproveitando as augas que de xeito artificial se desvian maioritariamente do Regato da Cal. Declarados Ben de Interese Cultural B.I.C.

Observaremos o sistema de repartimento das auga co fin de igualar o caudal que recibe cada "carreira" deles.

 Dentro da ruta, tamén é posible ver restos arqueolóxicos como son o castro do Picón ou unha mamoa de época anterior.

 

Chegada ás 20:00h

QUINTA FEIRA 24 DE SETEMBRO

16:00h Saída do aparcamento do Pazo da Cultura en autobús

  O FACHO , GARDIÁN MILENARIO.

 Por Xabier Guardado, historiador, guía da Asociación A Illa dos Ratos.

A case 200 metros sobre nivel do mar e dominando toda a Costa da Vela, atopamos a interesante historia deste monte sagrado, o Monte do Facho, (declarado ben de interese cultural, B.I.C. en 2013) que durante milenios estivo gardando as nosas costas e que nos vai desvelando os seus segredos. O máis coñecido hoxe en día é o santuario galaico-romano do deus Berobreo, situado sobre un castro. Este santuario, único da Idade de Ferro, onde se desenvolvían diferentes rituais, reflicte a evolución de ritos e crenzas que segue existindo en época romana cando se depositaron centos de altares dedicados a este deus. No ascenso ao monte descubriremos un asentamento anterior á beira dunha antiga calzada, pasando por unha aldea medieval abandonada e singulares petróglifos.

 

A chegada ao cumio está recompensada cunha das máis fermosas vistas da costa das Rías Baixas.

 Chegada ás 20:00h

SEXTA FEIRA 25 DE SETEMBRO

16:30h Saída do PORTO DE COMBARRO

Por Asociación Irmandade Illa de Tambo

A ILLA DE TAMBO, TESTEMUÑA DA HISTORIA DA RÍA DE PONTEVEDRA

 Abandonada á súa sorte dende hai 18 anos en que deixou de ser o polvorín da armada. A illa de Tambo, que continua sen pertencer aínda ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, está situada no medio da ría de Pontevedra, nas súas 28 hectáreas garda restos do paso do tempo desde a prehistoria. A hermida do SVI , o ataque dos piratas ingleses no S XVI, o tempo como lazareto no S XIX…

Actualmente estase a loitar pola recuperación do uso público deste emblemático lugar.

 Chegada ás 20:30h

 

A matrícula non inclúe billete do barco á Illa de Tambo: 14 euros por persoa

 


 

Metodoloxía que se vai empregar:

Os roteiros son fundamentalmente prácticos xa que a intención dos mesmos é dotar de material e recursos didácticos ao profesorado asistente para que sexa capaz de empregalo logo nas súas aulas.

Plano de avaliacion da actividade:

- Entregarase unha enquisa que será cuberta polos asistentes.
- Asistencia recollida na lexislación para ter dereito ao certificado.

Destinatarios:

Profesorado de ensino non universitario

 

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición, teñen preferencia as persoas asociadas á AS-PG e as afiliadas á CIG-Ensino

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 50 €
Parado : 60 €
Xeral : 100 €