Formación
Cursos 
Paseos Pedagóxicos de Vigo 2020: Orixes. Panoramas e escenas da historia da Terra
Imprimir
Paseos Pedagóxicos de Vigo 2020: Orixes. Panoramas e escenas da historia da Terra  (32 Horas)
Matrícula:  Desde 18/06/2020 até 10/09/2020(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 12/09/2020 até 26/09/2020. 12, 16, 19, 23 e 26 de setembro
Horario: Sábados de 10 a 14h e de 16 a 20h, mércores de 16 a 20h.
Lugar de celebración: Serra da Arga - Camiña (Portugal), O Rosal, Mondoñedo, Carballeda de Avia, Baiona, Nigrán, Redondela.
Número de prazas: 35
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 36155688X
Modalidade formativa: Curso
Obxectivos previstos:

 

Neste curso vanse realizar unha serie de excursións pedestres, nas que se poderán enxergar unha serie de panoramas, escenas e detalles naturais que funcionarán como xanelas ao pasado do noso planeta, a traveso das que se considerarán eventos e momentos significativos da súa historia, no marco conceptual do Sistema Terra e dende unha perspectiva antropocénica.

 

Presentar o conxunto de panoramas, escenas e detalles naturais que funcionan como xanelas ao pasado do noso planeta.

 

Recoñecer eventos e momentos da historia planetaria nos espazos da nosa contorna

 

Caracterizar espazos, paisaxes, etc da nosa contorna dentro do marco conceptual do sistema Terra e desde unha perpectiva antropocéntrica.

 

Contidos:

 

O papel da auga nos procesos erosivos.

 

Paisaxes modeladas polas augas: orixe das rías, apertura do Océano Atlántico, etc.

 

A orixe do sustrato rochoso na Galiza.

 

Paisaxes e pedras: pegadas da Idade de Xeo Cenozoica, a orixe da pedra calcaria, etc.

 

 

 

VISITAS A:

 

 

Sábado 12: Serra d’Arga (Caminha). A xénese das paisaxes da agricultura tradicional; as invasións biolóxicas ligadas ao cambio de modelo agrícola; o paradigma europeo da protección da natureza.

 

 

 

Mércores 16: Os cantís de Sanxiás (O Rosal). A apertura do océano Atlántico; A Repoboación Forestal; a formación de Panxea.

 

 

 

Sábado 19: A Cova do Rei Cintolo (Modoñedo). A orixe da pedra calcaria e da súa distribución en Galiza; o papel da auga nos procesos erosivos; a ecopolítica.

 

 

 

Mércores 23: A Serra de Pena Corneira (Carballeda de Avia). A orixe dos granitos e a xénese das paisaxes graníticas; causas e dinámica dos grandes incendios; os sobreirais como relictos do bosque autóctono.

 

 

 

Sábado 26: Mañá.  Praia de Ladeira – Monte Lourido (Baiona – Nigrán) .A “ría de Baiona” como exemplo da orixe das rías galegas; as praias fósiles e as variacións no nivel do mar; a orixe do substrato rochoso de Galiza.

 

 

Tarde: O monte Galleiro (Redondela). As pegadas da Idade de Xeo cenozoica; a orixe do aproveitamento humano da cadea trófica baseada nas gramíneas; o eucalipto e a deseucaliptización.

 

 

 

Metodoloxía que se vai empregar:

Os roteiros son fundamentalmente prácticos xa que a intención dos mesmos é dotar de material e recursos didácticos ao profesorado asistente para que sexa capaz de empregalo logo nas súas aulas.

Plano de avaliacion da actividade:

 

Recollerase, una vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos:

 

Cumprimento dos obxectivos da actividade.

 

Metodoloxía empregada na actividade.

 

Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados.

 

Destinatarios:

Profesorado de ensino non universitario.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición, teñen preferencia as persoas asociadas á AS-PG e as afiliadas á CIG-Ensino

Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 45 €
Parado : 55 €
Xeral : 95 €