Formación
Cursos 
XIII XORNADA DE LITERATURA ORAL "O humor na literatura de tradición oral"
Imprimir
XIII XORNADA DE LITERATURA ORAL "O humor na literatura de tradición oral"  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 25/09/2020 até 22/10/2020(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 24/10/2020 até 24/10/2020.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8.27001, Lugo)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 76415434G 32787222D
Modalidade formativa: Xornada
Obxectivos previstos:

1    Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relacion coa cultura popular tradicional e o humor popular.
2    Facilitar un foro de reflexión útil ao profesorado para comprender e transmitir os valores da nosa cultura tradicional.
3    Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación co humor na cultura popular.

Contidos:

  PROGRAMA

 10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

 10.30-11.30 Conferencia:  Humor salgado. Suso Lista 

 11.30-12.30 Conferencia: A ágora da taberna. Quico Cadaval

 12.30-14.00 Mesa redonda: O segredo do humor. Quico Cadaval e Suso Lista

 Coordina: Antonio Reigosa

 16.00-17.00 Conferencia: Rir do mundo, comezando por nós. Algúns mecanismos do humor nos contos tradicionais. Paula Carballeira

 17.00-18.00 Conferencia: Humor e lingua. Xosé Lois González "O Carrabouxo"
18.00-19.30 Mesa redonda: Anatomía da retranca. Paula Carballeira e Xosé Lois González "O Carrabouxo"
Coordina: Lois Pérez
19.30-20.30 Sesión práctica: Contaba morrer. Lois Pérez 

Metodoloxía que se vai empregar:

 

O formato vao ser mesas redondas,  conferencias e unha parte fundamentalmente práctica.

Plano de avaliacion da actividade:

 

- Asistencia ao 85% das horas.

- Seguimento do desenvolvemento da actividade.

- Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.

Destinatarios:

 

 Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario.

Criterios de selección:

Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.gal, tendo preferencia os socios-as e afiliados-as á AS-PG e á AELG.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €