PROGRAMA
10:00h Conferencia. A importancia biolóxica da diversidade, Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto en xenética. Membro da Real Academia Galega de Ciencias.
12:00h O novo marco normativo da atención á diversidade. A oportunidade perdida da administración galega a facer fronte a un sistema educativo diverso. Elena Añel Cabanelas, Doutora en Psicopedagoxía, docente de Orientación Educativa e de PT E AL, secretaria comarcal da CIG-Ensino.
13:00h Diversidade e lingua. O galego: unha oportunidade, Manuel Núñez Singala, escritor, filólogo, dirixe o Servizo de normalización lingüística da USC.
Tarde: Exposición de experiencias de atención á diversidade levadas a cabo en centros galegos .
16:00h IES Sanxenxo en inclusión. Estratexias e recursos para a coordinación en inclusión na organización dun centro de educación secundaria obrigatoria público, Alba Fuentes Sánchez , Coordinadora Edixgal e e profesora de Tecnoloxía
17:15h Ferramentas dixitais e atención á diversidade, Juan Fernández e Felo Couto asociación TadeGA.
18:30h Apoiando o alumnado no espectro do autismo: estratexias para a inclusión educativa. Adriana Pomares Aragunde, Psicóloga. Directora Técnica da Área Infanto-Xuvenil de BATA