Formación
Cursos 
Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. Santiago
Imprimir
Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. Santiago  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 20/06/2022 até 21/09/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 24/09/2022 até 24/09/2022.
Horario: Sábado, de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
Lugar de celebración: IES As Fontiñas. Santiago de Compostela. Docente: Elena Añel Cabanelas
Número de prazas: 200
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 50%
Coordenadores: 44464554B
Modalidade formativa: Curso presencial
Obxectivos previstos:

  ·       Proporcionar información sobre os aspectos  formais do traballo do profesorado en prácticas: elaboración de memoria da fase de prácticas.

 

·       Coñecer os sitemas de xestión da carreira profesional docente e de organización do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

 

·       Proporcionar información para a formación e innovación como elementos básicos do desenvolvemento profesional docente

Contidos:

·       O funcionariado. Dereitos e deberes.

 

·       Funcionariado en prácticas: memoria final.

 

·       Revisión de lexislación sobre aspectos de interese: licenzas baixas, concurso de traslados, concurso de adxudicación de destinos provisionais, solicitude de comisións de concilia, solicitude de comisións de saúde, solicitude de licenzas por formación, licenzas de asesorías para a Consellería, prazas sometidas a convenio,  permutas, accidentes no traballo, horario do profesorado, salarios, etc.

Metodoloxía que se vai empregar:

Exposición de contidos, posta en común entre o profesorado asistente e análise e exemplos dos contidos traballados.

Plano de avaliacion da actividade:

A través de enquisas entregadas ás persoas asistentes.

Destinatarios:

Profesorado galego non universitario

Criterios de selección:

En primeiro lugar, persoas afiliadas á CIG-Ensino ou socias da AS-PG. En segundo lugar, as restantes persoas. En ambos casos, á súa vez, por orde de inscrición.

Tipo e ámbito de difusión:

Correos electrónicos, carteis e redes sociais.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €