Formación
Cursos 
Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. O Morrazo
Imprimir
Orientación para a fase de prácticas. Elaboración de memoria. O Morrazo  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 20/06/2022 até 28/09/2022(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 01/10/2022 até 01/10/2022.
Horario: Sábado, de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
Lugar de celebración: O Morrazo: IES Johan Carballeira. Docentes: Maruxa Martínez Nogueira e Leonor Gala Torres Sabín
Número de prazas: 50
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 50%
Modalidade formativa: Curso presencial
Obxectivos previstos:

·       Proporcionar información sobre os aspectos  formais do traballo do profesorado en prácticas: elaboración de memoria da fase de prácticas.

 

·       Coñecer os sitemas de xestión da carreira profesional docente e de organización do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

 

·       Proporcionar información para a formación e innovación como elementos básicos do desenvolvemento profesional docente

Contidos:

·       O funcionariado. Dereitos e deberes.

 

·       Funcionariado en prácticas: memoria final.

 

·       Revisión de lexislación sobre aspectos de interese: licenzas baixas, concurso de traslados, concurso de adxudicación de destinos provisionais, solicitude de comisións de concilia, solicitude de comisións de saúde, solicitude de licenzas por formación, licenzas de asesorías para a Consellería, prazas sometidas a convenio,  permutas, accidentes no traballo, horario do profesorado, salarios, etc.

Metodoloxía que se vai empregar:

Combinarase unha fase máis teórica e expositiva con outra máis práctica na que se procurará a interacción do profesorado asistente e se facilitarán modelos de memorias de prácticas.

Plano de avaliacion da actividade:

A través de enquisas que se lle pasarán ao profesorado asistente.

Observacións:

Docentes: Maruxa Martínez Nogueira e Leonor Gala Torres Sabín

Destinatarios:

Profesorado galego non universitario.

Criterios de selección:

En primeiro lugar, peroas afiliadas á CIG ou socias da AS-PG e en segundo lugar o resto das persoas. En ambos casos, á súa vez, por orde de inscrición.

Tipo e ámbito de difusión:

Carteis, correos electrónicos e redes sociais.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €