|
|
|
Cursos
|
|
RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN
|
|
|
|
RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN
(15 Horas)
|
|
Matrícula:
Desde
05/11/2010
até
23/11/2010(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
|
Calendario:
Desde
24/11/2010
até
27/11/2010.
|
|
Horario:
Mércores de 17:00 a 21:00, xoves de 18:00 a 21:40, venres de 17:00 a 21:00 e sábado de 10:00 a 14:00
|
|
Lugar de celebración:
Sala de xuntas da Reitoría (Maestranza).
|
|
Número de prazas:
120
|
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
25%
|
|
Coordenadores:
32792466D
35988852Q
|
|
Modalidade formativa:
CURSO
|
|
Obxectivos previstos:
Conmemorar o centenario do nacemento de Carvalho Calero, figura invulgar no ámbito da cultura galega. Cidadán de importantes inquietudes políticas nos conturbados e esperanzados anos da República e da Guerra Civil, escritor de múltiplas facetas (poesía, narrativa e teatro), profesor de largo maxisterio, ensaísta, estudoso da nosa lingua e literatura, polemista e orador maxistral. Achegarémonos á súa vida e obra tanto desde a súa faceta literaria como da propia historia, cunha orientación didáctica que permita elaborar materiais de aula a partir dos relatorios e as actividades posteriores.
|
|
Contidos:
Mércores 24 de novembro.
17:00 - 17:30.- Entrega de documentación.
17:30 - 17:40.- Inauguración.
17:40 - 20:30.- Mesa redonda Ricardo Carvalho Calero na memoria. Proxección Carvalho Calero: a posibilidade de rectificar a história, Francisco Salinas Portugal 1988.
Presenta, introduce e modera:
- Carme Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e profesora do departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Participan:
- Carmen Blanco, escritora e profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.
- Araceli Herrero, escritora e profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
- Aurora Marco, escritora e profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
- Francisco Pillado, escritor, actor e profesor.
- Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior.
21:00.- Espectáculo no Teatro Rosalía de Castro: Isto é o que nos foi dado. Homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero.
1ª Parte: Recital poético a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo.
2ª Parte: Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.
Xoves 25 de novembro
18:00 - 20:00.- Mesa redonda Pensamento, intervención e ciencia.
Presenta, introduce e modera:
- Mª do Pilar García Negro, escritora e profesora titular do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Ensaio Lingüístico e literario.
Participan:
- Francisco Rodríguez, Licenciado e Doutor en Filoloxía Románica e Catedrático de Literatura Española. O compromiso co nacionalismo.
- José Luís Rodríguez, profesor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. O labor universitario.
20:10 - 21:40.- Presentación do libro Cautiverio de Fingoi. Os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero e proxección do vídeo inédito de R. Reimunde Noreña.
Venres 26 de novembro
17:00 - 21:00.- A creación literaria
- 17:00 - 18:15.- A poesía de Ricardo Carvalho Calero.
- Conferencista: Francisco Salinas, profesor titular da Universidade da Coruña.
- Argüente: César Morán, profesor asociado da Universidade da Coruña e catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán.
- 18:15 - 19:45.- A narrativa de Ricardo Carvalho Calero.
- Conferencista:Claudio Rodríguez Fer, Licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor na Universidade de Santiago e ocasionalmente en Nova Yorq e na Bretaña.
- Argüente: Henrique Rabuñal Corgo, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, escritor e profesor.
- 19:45 - 21:00.- O teatro de Ricardo Carvalho Calero.
- Conferencista: Laura Tato, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular das Facultades de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña.
- Argüente: Carlos C. Vizcaíno, profesor do departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Sábado 27 de novembro
10:00 - 13:00.- Mesa redonda O pensamento lingüístico de Ricardo Carvalho Calero.
Presenta, introduce e modera:
- Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Participan:
- Rosario Álvarez Blanco, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. A gramática galega no século XX. O contributo de Carvalho Calero.
- Martinho Montero Santalha, profesor catedrático da Universidade de Vigo. Etapas no pensamento lingüístico de Carvalho Calero.
- Goretti Sanmartín, profesora titular de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña. A sociolingüística galega antes e depois de 1936. O contributo de Carvalho Calero.
- Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Carvalho Calero, planificador da lingua galega.
13:00 - 14:00.- Visita guiada á exposición sobre Carvalho Calero instalada na Casa Casares Quiroga da Coruña.
14:00.- Clausura.
|
|
Metodoloxía que se vai empregar:
Os seminarios son fundamentalmente prácticos xa que a intención dos mesmos é dotar de material e recursos didácticos ao profesorado asistente para que logo o pidan empregar nas súas aulas.
Tamén se impartirán conferencias de carácter máis teórico para difundir a cultura galega, ademais dunha reflexión sobre a situación actual do galego.
Os encargados/as de levar a cabo estes s eminarios e conferencias son especialistas da multifacetada obra de Carvalho Calero, profesores universitarios, ensaístas, poetas, dramaturgos, narradores, intelectuais,..
|
|
Plano de avaliacion da actividade:
- Asistencia ao 85% das horas.
- Seguimento do desenvolvemento da actividade.
- Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.
|
|
Observacións:
Os/as estudantes universitarios/as, á hora de rexistrarse para efectuar a matrícula, deben indicar, onde pide o número de rexistro persoal, que son universitarios/as.
|
|
Criterios de selección:
Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com.
|
|
Tipo e ámbito de difusión:
Enviarase información aos socios/as da AS-PG e aos centros de ensino.
Publicitarase na páxina web da AS-PG.
|
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0
Asociado/a AS-PG/CIG : 11
Parado : 21
Xeral : 41
|
|
|
|