| XXI XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA 
		 (12 Horas) | 
	| Matrícula: 
		Desde
		07/04/2011
		até
		11/05/2011(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas). | 
	| Calendario: 
		Desde
		29/04/2011
		até
		30/04/2011.
		Lembramos que a apertura é as 0:00 horas | 
	| Horario:
		16:00 h. do día 29 | 
	| Lugar de celebración:
		Facultade de Ciencias da Educación. Xoán XXIII. Santiago de Compostela. | 
	| Número de prazas:
		250 | 
	| Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación: | 
	| Prazas reservadas:
		25%
		     
		Número máximo de prazas:
		25% | 
 
	| Coordenadores: 
		52470409A | 
	| Modalidade formativa:
		Xornadas | 
	| Obxectivos previstos: Estudar difentes aspectos relacionados coa nosa lingua e literatura e con temas de interese para o profesorado desta materia.
-Espallar experiencias pedagóxicas innovadoras baseadas na implicación de profesorado e alumnado.
-Fornecer materiais e recursos para a impartición da lingua e a literatura no ensino, mediante seminarios de sociolingüística, TIC, literatura, lingua, 
-Actualizar os coñecementos de lingua e literatura galegas mediante a exposición dos estudos máis recentes realizados sobre esta materia.
-Contribuír á progresiva normalización da lingua galega. | 
	| Contidos: 1. Mesa redonda: Lois Pereiro.
2.Conferencia: “Singularidade de Castelao na literatura galega”. 
3O proxecto de Casa-Museo para Manuel María”
4.Conferencia; redes sociais para a lingua e a literatura.
5. .MESA REDONDA: Situación actual e futuro da lingua galega.
6. Conferencia: Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria.
7. Conferencia: Bilingüísmo e creación literaria: a vía heterodoxa de Álvaro Cunqueiro.
8.Seminarios: 
8.1-“A  autora fala da súa obra”: Anxos Sumai
8.2-“O teatro interminábel. Ensinar en Secundaria empregando o teatro como ferramenta”
8.3-“Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”
 8.4-“8X8=64 propostas para traballar o tema da muller na aula.”
 8.5-“Prácticas de lingua”
 8..6-“O autor fala da súa obra”: Suso de Toro
8.7-“ Recursos de tecnoloxía lingüística para o galego”
8.8-”Orixe e experiencia das escolas do espectador”.
9.Actuación: Moita poesía e pouca diversión; María Lado e Lucía Aldao | 
	| Metodoloxía que se vai empregar: Trátase dunhas Xornadas de carácter teórico-práctico, que potenciarán cada un destes aspectos segundo o tema a desenvover.
Os diferentes seminarios están pensados para un alumnado que demanda que os contidos tratados teñan unha aplicación práctica e por este motivo terán un enfoque práctico.
As conferencias e aqueles seminarios nos que os autores falan da súa obra terán unha primeira parte expositiva e unha segunda na que se propiciará a participación da asistencia. | 
	| Plano de avaliacion da actividade: Recollerase, unha vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos: 
-Cumprimento dos obxectivos da activide.
-Cumprimento dos contidos da actividade
-Metodoloxía  empregada na actividade
-Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados. | 
	| Destinatarios: Profesorado | 
	| Criterios de selección: Por orde de inscrición, priorizando a afiliación da CIG e socios da as-pg | 
	| Tipo e ámbito de difusión: Galiza | 
	| Importe da matrícula e tipos: Asociado/a AS-PG/CIG : 13 
 Parado : 25 
 Xeral : 37 
 
 |