XX Xornadas de Lingua e Literatura
(12 Horas)
|
Matrícula:
Desde
26/03/2010
até
08/04/2010(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
|
Calendario:
Desde
09/04/2010
até
10/04/2010.
|
Horario:
9 de abril desde as 16:30 até as 21:00. 10 de abril de 10:00 h. a 21:00 h.
|
Lugar de celebración:
Rúa Xoán XXIII, Santiago de Compostela
|
Número de prazas:
250
|
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
|
Prazas reservadas:
25%
Número máximo de prazas:
25%
|
Coordenadores:
52470409A
33229383H
|
Modalidade formativa:
Presencial
|
Obxectivos previstos:
Estudar difentes aspectos relacionados coa nosa lingua e literatura e con temas de interese para o profesorado desta materia.
-Espallar experiencias pedagóxicas innovadoras baseadas na implicación de profesorado e alumnado.
-Fornecer materiais e recursos para a impartición da lingua e a literatura no ensino, mediante seminarios de sociolingüística, TIC, literatura, lingua,
-Actualizar os coñecementos de lingua e literatura galegas mediante a exposición dos estudos máis recentes realizados sobre esta materia.
-Contribuír á progresiva normalización da lingua galega.
|
Contidos:
1. Mesa redonda: Uxío Novoneyra.
2.Proxeción do video: Cartografía da identidade. Uxío Novoneyra.
3.Conferencia: ?A visión do mundo na obra de Rosalía de Castro?
4.Conferencia sobre Carballo Calero.
5. .MESA REDONDA: O Decreto 124/2007 de uso e promoción do galego no ensino educativo (RAG, Queremos Galego, Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística)
6. Proxección do video ?Interlinguas?
7.Seminarios:
7.1-?O autor fala da súa obra?: Rafa Villar
7.2-?As novas tecnoloxías na literatura?
7.3-?Normalización, tradución e creación na aula?
7.4-?por qué colacao non está no diccionario?Palabras da lingua galega procedentes de marcas rexistradas.
7.5-?A lingua, da rede á aula e da aula á rede.
7.6-?O autor fala da súa obra?: Agustín Fernández Paz
7.7-? Literatura e ecoloxía?
7.8-?Luís Seoane?
|
Metodoloxía que se vai empregar:
Trátase dunhas Xornadas de carácter teórico-práctico, que potenciarán cada un destes aspectos segundo o tema a desenvover.
Os diferentes seminarios están pensados para un alumnado que demanda que os contidos tratados teñan unha aplicación práctica e por este motivo terán un enfoque práctico.
As conferencias e aqueles seminarios nos que os autores falan da súa obra terán unha primeira parte expositiva e unha segunda na que se propiciará a participación da asistencia.
|
Plano de avaliacion da actividade:
Recollerase, unha vez que se remate a actividade, unha enquisa na que se valorarán os seguintes aspectos:
-Cumprimento dos obxectivos da activade.
-Cumprimento dos contidos da actividade
-Metodoloxía empregada na actividade
-Valoración de aspectos como: datas, horarios, espazos ou materiais empregados.
|
Destinatarios:
profesorado docente non universitario
|
Criterios de selección:
Por orde de inscrición, tendo preferencia a afiliación da CIG-Ensino e socios/as da AS-PG
|
Tipo e ámbito de difusión:
o profesorado
|
Importe da matrícula e tipos:
Asociado/a AS-PG/CIG : 7
Parado : 11
Xeral : 21
|